Este venres morreu Etta James, á que adicamos unha entrada non fai moito tempo.
Entereime o sábado cando eu esperaba escoitar un especial de Dina Washington no programa de Radio3 “La madeja” e no seu lugar estaban a falar de Etta. E durante todo o día de onte na mesma cadea estiveron a recordar a esta figura agora lexendaria pero nunca valorada como se merecía en vida. Isto ocorre moitas veces, por desgracia.
Aquípodedes escoitar o podcast do programa antes mencionado, moi interesante e entretido.
En fin, para quen non a coñezades animádevos a escoitala porque foi, é e sempre será unha raíña do soul, das baladas, do R&B… O seu ruxido quedaranos para sempre, nas súas cancións.
Publicado en Sen clasificar o 23/01/2012 por musog
A Wikipedia define o “flashmob” como unha acción organizada na que unha grande cantidade de persoas se reúne nun lugar público e realiza unha acción inusual para desaparecer inmediatamente despois. O feito de ter recurrido á Wikipedia nesta ocasión non é casual: por unha banda destacamos así o recente deste fenómeno (opropio artigo data as orixes destas manifestacións no ano 2002). E por outra poñemos de manifesto o seu apoio nas novas tecnoloxías, xa que as canles de comunicación máis frecuentes para “organizar” este tipo de encontros son a Internet e a telefonía móbil. Os flasmob resultan encontros moi chamativos, e por iso téñense usado con fins propagandísticos ou reivindicativos. Hoxe invitámosvos a ver o que a Orquestra Filarmónica de Copenhage realizou na Estación Central da súa cidade. A obra elixida, o célebre “Bolero” do compositor francés Maurice Ravel, resulta unha elección moi acertada. Esta obra xoga con dous elementos da música: o timbre e a intensidade. O xogo tímbrico consiste en repetir dúas sinxelas ideas musicais moitas veces, variando os instrumentos que a interpretan; o xogo de intensidades consiste nun progresivo e longuísimo crescendo, un gradual incremento de intensidade que leva dende o pianísimo inicial ao fortísimo final. E todo isto co insistente ritmo de bolero interpretado pola caixa (e outros instrumentos) de principio a fin. Para conseguir os efectos descritos, os instrumentos vanse incorporando moi pouco a pouco, de xeito case individual; e isto é o que motiva a sorpresa dos espectadores que ven como ó intérprete da caixa e mais ao “colega” que lle vai marcando o ritmo se van unir sucesivamente unha frautista, uns violinistas, o fagote, os cellos, o clarinete… ata formar toda unha orquesta sinfónica que desaparece como por arte de maxia ao se extinguiren os ecos do acorde final. Pareceume un vídeo en verdade fermoso, e un xeito máis de tratar de achegar a música clásica ao público. E por iso volo deixo aquí, xunto co agradecemento a Áurea Castro, a profe de Ciencias que malia a estar xa xubilada se acorda de nós e nos envía de cando en vez bonitos regalos coma este.
(Esta entrada tiñamos que tela feito no pasado ano pero os apuros de fin de avaliación fixeron que o retrasáramos ata hoxe. Mellor tarde que nunca.)
Un ano máis a UNESCO elevou á categoría de Patrimonio Inmaterial da Humanidade dous exemplos de músicas do mundo ben coñecidas: o mariachi e o fado. No ano 2010, recordaredes, tocoulle ó flamenco.
Dende México e Portugal chegan estes sons tan característicos e recoñecibles para todos, importantísima mostra cultural da tradición destes dous países. Se queredes saber algo máis destas músicas universais podedes visitar os vídeos promocionais que a continuación vos presentamos e aproveitar para viaxar cara outros mundos sonoros.
Poucas figuras da historia da música deixaron tanta pegada. Freddy Mercury foise cando todavía tiña moito que dicir, aínda que él consideraba que xa o tiña vivido todo, que a súa vida ata entón fora plena; quizais iso déixanos un pouco máis tranquilos.
Foi unha das maiores figuras da música rock, unha das mellores voces da historia da música popular e dende logo un dos personaxes máis carismáticos e singulares. Poucos consiguen ter no escenario a súa presencia e dinamismo, conseguindo encender a un estadio reventado por miles de persoas. Todo iso foi o que o fixo diferente, especial e por iso será recordado sempre, alguén así nunca pode caer no esquecemento do paso do tempo.
Morreu un día despois de comunicar publicamente que tiña a SIDA, á idade de 45 anos. O vídeo recordatorio que agora vos ensinamos foi calificado como un dos mellores concertos en directo da historia do rock, nel podedes observar as poucas características que de Freddy Mercury comentamos previamente. Disfrutádeo e Viva Freddy!
Este domingo á noite entereime de algo que me entristeceu: a cantante Etta James deixa os escearios por enfermidade, sufre leucemia e alzheimer.
Estas malas novas sempre che deixan igual, mal, pero cando se trata de persoaxes que escoitache e admirache e que che chegaron máis profundamente porque coñeciches máis sobre a súa vida e os sintes máis cercanos pois entón doen un pouco máis.
Etta James é unha das raíñas da música negra máis xenuina, unha das clásicas. Naceu en 1938 en California e criouse no mundo do gospel. Triunfou entre a década de 1950 a 1960 dándose a coñecer máis exitosamente da man da histórica compañía Chess Records e gravando temas que se movían polo blues áspero, o country ou as melosas baladas (torch song, cancións que falan de amores non correspondidos e das que lembraremos para sempre o seu célebre “At Last”) aderezadas con aquel look rubio platino e a infinita e esaxeradísima liña dos seus ollos.
Para despedirse acaba de saír ó mercado o que con probabilidade sexa o seu último álbume, The Dreamer.
Para despedirnos, déixovos cun recente vídeo onde interpreta I´d rather go blind con grande personalidade, coma sempre, a pesares da idade.
Non sei se as normas de corrección blogueira permitirían un título tan longo. E tampouco sei se se pode “cociñar” un artigo minimamente comprensible con tantos ingredientes. Malia todo ímolo intentar. O do jazz, en Lugo e por esta época resulta previsible. Así que como lectores avispados que vos considero xa imaxinariades que vén a conto para vos invitar a asistir ao XXI Festival de Jazz de Lugo, que se está a celebrar entre os días 12 e 19 deste mes. Nunha época como a actual pouco propensa a alegrías é moi de agradecer que se manteñan propostas musicais como esta que entre outros moitos artistas nos trae a Roy Haynes, unha auténtica lenda viva do jazz. Para saber máis sobre el e sobre tódolos que con el forman o cartel do Festival aí vos queda esta ligazón.
Din que un bo prato de comida ten que entrar primeiro polos ollos. Non sei se coa música pasa o mesmo pero si creo que un dos xéneros máis visuais, máis plásticos e que mellor se levan coa fotografía é precisamente o jazz. Así que se alguén precisa dun aperitivo visual que o anime a seguir a nosa primeira recomendación suxerimos a seguinte páxina, onde atopará fotos realmente fermosas. Se vos fixades ben case se pode escoitar a música que sae das fotografías.
E precisamente ollando algunha destas fotos atopei unha que me lembrou ao que hai poucos días falamos na clase de segundo da ESO: a posibilidade de representar a música dun xeito distinto ao tradicional: que tocariades vós se vos puxesen diante esta partitura?
Por se non estiven convincente vou dar un último motivo para acudir ao Festival: os que vaiades ao concerto do luns no Círculo (Marcos Pin Factor -E- Reset) poderedes ver tralo saxo a Toño, o profe que nos estivo a acompañar nalgunhas clases desta semana e a quen o propio programa menciona como “un dos nomes máis singulares do jazz galego actual”.
Algúns sabedes que imos participar nun proxecto Comenius de Ciencias chamado “A música da vida”: a vida provén da auga e a auga é música. Basta con mirar ao noso arredor, observar e escoitar para decatarse de que a natureza é música pura, harmonía pura, ritmo puro.
Non nos imos poñer agora a xustificar esta afirmación, quizais noutro momento. O que sí vos imos ensinar é a demostración de cómo a auga é música ou cómo algúns imaxinan de xeito incrible cómo chegar a facer música coa auga como instrumento. Gracias a Toño, que estes días nos acompaña nas nosas clases, descubrimos a algunhas desas persoas super-creativas: L.A.R. Legido e Patxi Varela, músicos e inventores do AQUÓFONO.
Qué é o AQUÓFONO? Según eles mesmos: “O Aquófono é un innovador instrumento de percusión con líquido, unha escultura sonora portátil e un sistema infusor de gotas musicais. Música, ciencia e natureza conxúganse nesta máquina do tempo, creadora e recreadora dunha enorme gama de paisaxes sonoros orgánicos producidos a partir dun mínimo suministro de líquido regulable por medio de oito goteiros de uso clínico”
A que soa ben? (Nunca mellor dito, ) Pois mellor vos soará cando o vexades e escoitedes. Para iso tedes varias opcións: seguir investigando sobre o AQUÓFONO na propia páxina web do dúo Parto e visualizando algúns destes dous vídeos que aquí colgamos.
O artista músico-cantante-poeta Santiago Auserón, tamén coñecido como Juan Perro, acaba de recibir esta semana un importantísimo presente: o Premio Nacional de Músicas Actuais, un premio que pretende dar recoñecemento á súa carreira de máis de 30 anos como músico e letrista.
Brillante estudiante de filosofía, soubo encauzar o seu talento cara a música na famosa “movida” dos anos 80 e dende aí pasou por grupos tan coñecidos como Radio Futura (mellor grupo español dos anos 80 para os oíntes de Radio3 no ano 2004) durante 12 anos ata lanzarse en solitario encarnando ó seu alter ego Juan Perro. Apaixoado da música negra, a súa música é o resultado da mestura do rock, rhythm and blues, jazz, ritmos latinos e africanos… sendo promotor de asociacións que buscan a riqueza e o intercambio cultural e musical entre América e España axudando ó lanzamento no noso país de músicos cubanos, entre outros.
Ademais da súa faceta máis musical, é tamén un grande intelectual e investigador do que podedes seguir coñecendo máis detalles se accededes a este enlace ou a este outro.
Esta semana celébrase o venres o día da Ciencia e os alumnos e alumnas de 4º acudirán á facultade de Ciencias para facer un obradoiro titulado “A química da vida”.
Acabo de atopar un vídeo en youtube titulado “The Quantum World” no que diversas personalidades explican a “minúscula” orixe da vida (o actor Thomas Freeman, o científico Stephen Hawking…) pero a gracia está en que o vídeo está montado coma se fose un tema de música electrónica e cun retrouso pegadizo e todo! A idea é dun tal John D. Boswell e dita montaxe forma parte dun proxecto chamado “Symphony of Science” co que o tal John pretende divulgar ciencia pero dun xeito musical. Cando menos interesante. Pinchando aquí accederedes á súa páxina, na que atoparedes moitos máis vídeos e entre eles un bastante chulo sobre a orixe do home en África.
Está en inglés así que vos colgo aquí a letra, só tedes que facer un pequeno esforzo de traducción:
[Morgan Freeman] So, what are we really made of? Dig deep inside the atom and you’ll find tiny particles Held together by invisible forces Everything is made up Of tiny packets of energy Born in cosmic furnaces
[Frank Close] The atoms that we’re made of have Negatively charged electrons Whirling around a big bulky nucleus
[Michio Kaku] The Quantum Theory Offers a very different explanation Of our world
[Brian Cox] The universe is made of Twelve particles of matter Four forces of nature That’s a wonderful and significant story
[Richard Feynman] Suppose that little things Behaved very differently Than anything big Nothing’s really as it seems It’s so wonderfully different Than anything big The world is a dynamic mess Of jiggling things It’s hard to believe
[Kaku] The quantum theory Is so strange and bizarre Even Einstein couldn’t get his head around it
[Cox] In the quantum world The world of particles Nothing is certain It’s a world of probabilities
(refrain)
[Feynman] It’s very hard to imagine All the crazy things That things really are like Electrons act like waves No they don’t exactly They act like particles No they don’t exactly
[Stephen Hawking] We need a theory of everything Which is still just beyond our grasp We need a theory of everything, perhaps The ultimate triumph of science
(refrain)
[Feynman] I gotta stop somewhere I’ll leave you something to imagine
Gibson é unha das marcas de guitarras máis coñecidas e prestixiosas do mundo. Hoxe tamén son noticia pero por algo bastante desagradable, ao parecer a madeira que empregan para a fabricación de guitarras provén de talas ilegais en lugares da India ou Madagascar. Tendo en conta o caras que son estas guitarras xa podían facer as cousas ben en tódolos aspectos e por outra banda, aqueles interesados e interesadas en mercar unha Gibson lles esixan dende agora o mesmo que á xente que traballa con madeira se lles esixe: un certificado que garanta que dita madeira provén de talas controladas e legais.