Aquófono

Algúns sabedes que imos participar nun proxecto Comenius de Ciencias chamado “A música da vida”: a vida provén da auga e a auga é música. Basta con mirar ao noso arredor, observar e escoitar para decatarse de que a natureza é música pura, harmonía pura, ritmo puro.

Non nos imos poñer agora a xustificar esta afirmación, quizais noutro momento. O que sí vos imos ensinar é a demostración de cómo a auga é música ou cómo algúns imaxinan de xeito incrible cómo chegar a facer música coa auga como instrumento. Gracias a Toño, que estes días nos acompaña nas nosas clases, descubrimos a algunhas desas persoas super-creativas: L.A.R. Legido e Patxi Varela, músicos e inventores do AQUÓFONO.

Qué é o AQUÓFONO? Según eles mesmos: “O Aquófono é un innovador instrumento de percusión con líquido, unha escultura sonora portátil e un sistema infusor de gotas musicais. Música, ciencia e natureza conxúganse nesta máquina do tempo, creadora e recreadora dunha enorme gama de paisaxes sonoros orgánicos producidos a partir dun mínimo suministro de líquido regulable por medio de oito goteiros de uso clínico”

A que soa ben? (Nunca mellor dito, ;) ) Pois mellor vos soará cando o vexades e escoitedes. Para iso tedes varias opcións: seguir investigando sobre o AQUÓFONO na propia páxina web do dúo Parto e visualizando algúns destes dous vídeos que aquí colgamos.

Nunha palabra: fantástico!


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.