20 anos sin FREDDY MERCURY
Poucas figuras da historia da música deixaron tanta pegada. Freddy Mercury foise cando todavía tiña moito que dicir, aínda que él consideraba que xa o tiña vivido todo, que a súa vida ata entón fora plena; quizais iso déixanos un pouco máis tranquilos.
Foi unha das maiores figuras da música rock, unha das mellores voces da historia da música popular e dende logo un dos personaxes máis carismáticos e singulares. Poucos consiguen ter no escenario a súa presencia e dinamismo, conseguindo encender a un estadio reventado por miles de persoas. Todo iso foi o que o fixo diferente, especial e por iso será recordado sempre, alguén así nunca pode caer no esquecemento do paso do tempo.
Morreu un día despois de comunicar publicamente que tiña a SIDA, á idade de 45 anos. O vídeo recordatorio que agora vos ensinamos foi calificado como un dos mellores concertos en directo da historia do rock, nel podedes observar as poucas características que de Freddy Mercury comentamos previamente. Disfrutádeo e Viva Freddy!
25/11/2011 ás 22:11
Na miña opinión, e supoño que na de moitísima xente, Freddy Mercury foi dos mellores músicos da historia, xunto ao grupo Queen, xa que entre eles todos puideron facer temas que nunca na historia da música olvidaranse. A voz de Freddy é espectacular, e grazas ás letras das suas cancións moita xente puido experimentar diferentes e impresionantes sentimentos escoitando as súas letras é a musica que as acompaña.
En definitiva, que foi dos mellores músicos da historia, e é unha pena que tivera que deixarnos a esa temprana idade, xa que aínda quedábanlle moitísimos anos de grandísimos concertos, e grandísimas e impresionantes novas composicións.
Nunca se lle esquezerá. Viva Freddy.