Patrimonio Inmaterial da Humanidade, 2011
(Esta entrada tiñamos que tela feito no pasado ano pero os apuros de fin de avaliación fixeron que o retrasáramos ata hoxe. Mellor tarde que nunca.)
Un ano máis a UNESCO elevou á categoría de Patrimonio Inmaterial da Humanidade dous exemplos de músicas do mundo ben coñecidas: o mariachi e o fado. No ano 2010, recordaredes, tocoulle ó flamenco.
Dende México e Portugal chegan estes sons tan característicos e recoñecibles para todos, importantísima mostra cultural da tradición destes dous países. Se queredes saber algo máis destas músicas universais podedes visitar os vídeos promocionais que a continuación vos presentamos e aproveitar para viaxar cara outros mundos sonoros.