Este sábado, BANDA!

Posted in - De todo un pouco, - Música en Lugo on 11/03/2014 by musog
banda2.
(Quizá del gót. bandwō, signo, bandera).
 1. f. Grupo de gente armada.
2. f. Parcialidad o número de gente que favorece y sigue el partido de alguien.
3. f. Bandada, manada.
4. f. Pandilla juvenil con tendencia al comportamiento agresivo.
5. f. Lado de algunas cosas. De la banda de acá del río de la banda de allá del monte.
6. f. Conjunto de tambores y cornetas, o de músicos que pertenecen a institutos armados de a pie, o de trompetas que sirven en cuerpos montados del Ejército. A veces la banda comprende toda clase de instrumentos de viento.

7. f. Conjunto de instrumentistas, con o sin cantantes, que interpreta alguna forma de música popular.
8. f. Mar. Costado de la nave.
 9. f. Cuba. Cada una de las dos partes en que se divide longitudinalmente el cuerpo de una res al ser sacrificada.
10. f. ant. costado      (‖ del cuerpo humano).
11. f. pl. Impr. Carriles de hierro sobre los cuales va y viene el carro o la platina en algunas máquinas de imprimir.

Hai que ver a de acepcións que ten esta 2ª entrada do término BANDA no diccionario da RAE.
Se vos parece ímonos quedar coa número 6 na súa segunda parte, para vos invitar a un concerto: o que a Banda Filarmónica de Lugo celebrará o vindeiro sábado, 15 de marzo, ás oito da tarde no Círculo das Artes.

Creo que hai varias razón polas que vos pode gustar acudir a este concerto:

1ª.- Porque é un proxecto de moi recente creación (este é de feito o segundo concerto da agrupación) que como tal paga a pena coñecer e apoiar.
2ª.- Porque é una agrupación integrada na súa inmensa mayoría por xente nova da nosa cidade.
3ª.- Porque un bo número dos seus compoñentes son (ou foron moi recentemente) alumnos e alumnas deste instituto, e polo tanto compañeiros ou ex-compañeiros vosos.
4ª.- E sobre todo porque como alumnado “musical” que sodes é de suponer que estades atentos e interesados por este tipo de propostas culturais e musicais.

Se queredes saber algo máis sobre este proxecto premede aquí.

Os mellores documentais do rock?

Posted in - De todo un pouco on 13/02/2014 by musog

“Cal é o mellor documental de rock de tódolos tempos?”

Esa é a pregunta que a revista en liña Indiewire realizou a unha serie de prestixiosos críticos musicais, que aportaron polo visto un montón de posibles respostas. Parécenos un enlace interesante se che gusta a música ou o cine ou ámbalas dúas cousas. Así que se che dá curiosidade accede a este enlace e poderás enterarte de qué merece a pena coñecer.

Festival de Butoh e danza experimental.

Posted in - Música en Lugo on 18/11/2013 by musog

 Esta semana comeza en Lugo un festival de danza moi interesante: KOJOTEKI, festival de butoh e danza experimental. Está orgnizado pola asociación “3monos” e trae a Lugo actuacións moi interesantes e ademais gratuitas!

 Quizais conviría explicar que é o butoh, verdade? Pois é un tipo de danza que naceu en Xapón tralo ataque nuclear da II Guerra Mundial que arrasou coa vida e as esperanzas de tantos millóns de persoas; o butoh trataba de representar esa cruel realidade da posguerra. Cando menos é unha danza moi diferente ó que seguro tedes visto ata agora. Déixovos o programa para que curioseedes.

 Anímovos a que vos acheguedes algún día, seguro aprenderemos e sentiremos algo novo.

programa-cartel2

Música no San Froilán, e de balde!

Posted in - Música en Lugo on 29/09/2013 by musog

Xa está aquí o San Froilán e iso significa que ademais de mareas de xente, centos de postos legais e “ilegais”, ruidosas maquinarias de luces e son e casetas do pulpo, ademais de todo iso teremos música tódolos días e para tódolos gustos. E o mellor de todo, neste momento no que todo é moito máis caro e a cultura incomprensiblemente tamén, a maioría dos espectáculos musicais serán gratuitos!

Así que non hai escapatoria nin escusas posibles para vós. É un bo momento para botar un par de orellas á rúa e descubrir cousas novas, como por exemplo este concerto que terá lugar o primeiro día de festexos, o día 4 ás 21.30 da noitiña na praza do Seminario: Les Tambours du Bronx.

les-tambours-du-bronx

Un grupo de percusión francés moi urbano e industrial, que manexan unha mestura de estilos como rock, sonido afrobeat, drum’n’bass, world music… aderezados con polifonías vocais feitas polos propios percusionistas. O seu nome responde á orixe deste tipo de músicas, que ten lugar en moitos barrios das periferias das grandes cidades.

Aquí vos deixo unha mostra para ir abrindo boca e comezar a babear (con perdón).

As sinfónicas saen á rúa.

Posted in - De todo un pouco on 24/09/2013 by musog

E saíron á rúa o pasado 23 de setembro en 16 cidades españolas simultaneamente, nun concerto protesta contra os recortes que están levando a moitas destas importantísimas institucións culturais a pasar por momentos moi difíciles.

orquestra

A peza elexida para abrir este marabilloso concerto gratuito e ó aire libre foi a alegre obertura da ópera de Gioacchino Rossini “La gazza ladra”, da que vos podedes deleitar no seguinte vídeo protagonizado pola Orquestra Ciudad de Granada precisamente tal día en cuestión.

Comezamos!

Posted in - De todo un pouco on 17/09/2013 by musog

Boas! Que tal de verán e período vacacional?

Esperamos que fose de descanso para comezar con forza renovada este curso 2013-2014. Para ir abrindo boca facémosvos unha suxestión de lectura divertida (penso que no pasado xa foi suxerida pero buuufff… non lembro). Trátase dun cómic sobre a historia da música, quizais por contidos é máis axeitado ó alumnado de 3º da ESO pero seguro resulta interesante para todos @s alumn@s musicais (e non musicais, of course, ;))

Preme na imaxe e a disfrutar!

descarga (3)

Préstasme a túa casa para un concerto?

Posted in - De todo un pouco on 14/04/2013 by musog

Casas de Música.
Así se chama un proxecto que veño de coñecer e que vos quería amosar.
A idea é moi sinxela: a celebración de concertos en casas particulares. Músicos, público, e unha persoa que cede a súa casa para acoller o concerto.
Ademais de sinxela é unha idea pouco orixinal. Durante moitísimo tempo as casas particulares (os pazos da burguesía, da aristocracia, dos ricos mecenas…) foron o lugar onde se escoitaba a música. De ahí precisamente nace a expresión “música de cámara” (música en habitacións, en salóns privados).
Pois con todo ser sinxela e pouco orixinal, a min particularmente paréceme unha idea xenial. Recuperar eses concertos nos que público e músicos están próximos, uns a carón dos outros. Música “á orella” como lles gusta dicir a uns amigos meus.
E tamén me encanta a filosofía que subxace neste proxecto: unha iniciativa cidadán pola música. Os particulares toman a iniciativa da organización e da promoción cultural.
E por certo, tócannos ben cerca: mañá luns un destes concertos en Arneiro (Cospeito).

Anímovos a coñecer máis sobre este proxecto.

Seguir

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.