Enlaces de interese

TEXTURA MUSICAL, exercicios

Como entendemos que este concepto da textura musical pode resultar un pouco complexo, animámosvos a comprobar cómo vai avanzando a vosa comprensión deste tema.

Para iso podedes exercitarvos cun pequeno e sinxelo test que vos servirá para autoavaliarvos de cara ó próximo exame: clica aquí e a por el!

E tamén é interesante este crucigrama sobre o mesmo tema, a ver de qué eres capaz…

Moito máis completo é estoutro test, quizais un pouco máis complexo nalgunhas preguntas pero fixándose un pouco creo que podedes resolvelo na súa totalidade; dende logo é moi entretido. Ánimo e clica aquí.

Debemos agradecer moito do material que empregamos na clase ós recursos de aula creados por MªJesús Camino, do IES San Miguel de Meruelo, digna das nosas loubanzas por todo o traballo que realiza no ámbito das TIC e que a nós tanto nós axuda. Graciñas!

FORMA MUSICAL, exercicios

Quizais a forma musical sexa máis doada de entender, non? Por se acaso podedes repasar as actividades que estivemos a traballar na clase accedendo a este enlace onde mirando na marxe esquerda e parte superior da pantalla tedes o menú de actividades.

INSTRUMENTOS MUSICAIS, esquema e actividades

Presentámosvos uns enlaces moi interesantes sobre instrumentos musicais, un esquema e resumo das diferentes familias instrumentais con exemplos auditivos ao que podedes acceder facendo clic neste enlace e un cuestionario sobre as agrupacións instrumentais moi divertido, que verdes aquí.

BLOGUES

Internet é ás veces un bo lugar onde atopar materiais que vos axuden no voso traballo. Pero a internet é como  o papel: terma de todo o que lle poñan. E xunto a cousas interesantes hai outras que non o son. Este enlace que vos recomendamos pertence á categoría do moi interesante e nel poderedes encontrar actividades amenas e que vos axuden con cousas que estamos facendo en clase. Por se fora pouco está feito por unha profesora do Conservatorio de Lugo á que dende aquí damos a noraboa polo seu traballo. Henarmonía

COMPLETANDO AS CLASES

Hai uns días quedamos co mel nos beizos logo de escoitar os primeiros dez segundos de catro clásicos do rock. Aínda que enmendaremos este crime na clase, tamén volos deixamos aqui, completiños, para que os escoitedes cantas veces queirades:

SATISFACTION
SMOKE ON THE WATER
THE TROOPER
WE WILL ROCK YOU
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: