Contextos musicais

CLASICISMO

ROMANTICISMO

MÚSICA PROGRAMÁTICA

A música programática adoita estar entre o máis popular do repertorio orquestral, polo seu carácter descritivo e o seu melodismo. Así ocorre co ciclo sinfónico “A miña patria“, no que o compositor checo Bedrich Smetana fai fermosísimas descricións da natureza da súa terra. Bo exemplo é “O Moldava“: seravos doado atopar múltiples versións desta peza; aquí suxerímosvos esta, interpretada cun instrumento ben pouco habitual: a glassharmonica ou harmónica de cristal.

Sen saírmos do ámbito da música nacionalista temos outra proposta de música programática: “Unha noite no Monte Pelado“, do ruso Modest Mussorgsky. A asociación entre música e imaxes característica deste tipo de obras fan que sexan propicias para o cine de animación. Nesta proposta de Disney o aquelarre de bruxas orixinal é substituido por unha serie de figuras demoníacas, que deben interromper a súa actividade coa chegada do día.

SÉCULO XX

EXPRESIONISMO

Como exemplo de música expresionista podes escoitar o seguinte fragmento do “Pierrot Lunaire” de Schoenberg. Trátase do 1º poema dos 21 que compoñen esta colección de cancións para soprano e pequeno grupo instrumental, e o seu título é “Mondestruncken“. Na audición escoitarás algún dos elementos característicos desta corrente musical: a técnica do sprechgesang (recitado-entonado); a peculiar sonoridade que lle da á melodía o emprego da atonalidade; e o pesimismo do texto, reforzado aquí polas imaxes que o acompañan.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: