s.XVII-XVIII, barroco

A música vocal

A música vocal barroca divídese en relixiosa e profana.

Imos comezar coa primeira. Presentámosvos para iso o que se coñece coma un oratorio, unha peza relixiosa que coincide practicamente en todo coa ópera agás no argumento (evidentemente relixioso) e en que carece de esceario e dramatización por parte dos cantantes. Quizais un dos oratorios máis coñecidos por todos vós sexa O Mesías de Haendel, non si? E sobretodo o famosísimo coro titulado “Aleluia” do que a continuación podedes escoitar unha interpretación do ano 1982 a cargo do coro da Abadía de Westminster, integrado exclusivamente por homes e rapaces algúns deles moi noviños e polo tanto con voces brancas coas que cantan as voces femininas de sopranos e contraltos. Xunto a estes atópanse os e as cantantes que farán as partes solistas  (fáciles de distinguir porque non levan ese “curioso” uniforme vermello).

Outra delicia deste mesmo oratorio é a peza tamén coral chamada “For unto us a child is born”, quizais menos coñecida para o gran público pero moi moi fermosa como poderedes comprobar neste enlace.

E pasamos á música profana. Como lembraredes, o xénero por excelencia da música profana barroca é a ópera e esta constaba de diferentes elementos: partes instrumentais, números de danza, coros, recitativos e arias. 

Xeralmente resulta complexo distinguir entre o recitativo e a aria por tratarse ámbolos dous de números para cantante solista pero se prestades atención ó seguinte vídeo axudaravos a atopar as diferencias que salientamos en clase. Trátase da ópera barroca Orfeo e Eurídice de Gluck nunha adaptación moi moderna e minimalista onde o contratenor solista interpreta primeiro un recitativo (“Ahime dove transcorsi”) e a continuación a famosísima aria “Che faró senza Euridice” (a partires do minuto 1:30). Comprobaredes como o xeito de cantar (máis declamado no primeiro e moito máis cantado na segunda) e o acompañamento (máis simple e acórdico no primeiro e máis complexo e melódico na segunda) son ben diferentes. Por outra banda, poderedes escoitar cómo é o timbre dun contratenor, tan agudo e tan ben impostado, e o timbre do clavecín, noutras ocasións difícil de distinguir mesturado coa orquestra.
 

A música instrumental

A forma instrumental máis característica do barroco é o concerto, que se desenrolou gracias á enorme evolución da orquestra naquela época. Distinguimos dous tipos de concertos: solista e grosso.

A palabra concerto deriva do termo “concertare” que significa opoñer; neste caso o que se opoñen son dous grupos de instrumentos ben diferenciados pois un correspóndese coa orquestra ou “tutti” e o outro co solista ou grupo de solistas. Para comezar ensinámosvos o Concerto de Brandemburgo nº 2 de J.S.Bach, onde os solistas ou concertino son o violín, frauta de pico, trompeta e oboe que dialogan entre eles e ao mesmo tempo co tutti. Moi interesante a formación de orquestra barroca en semicírculo e cos músicos tocando en pé dirixidos polo primeiro violín. Un video con aclaracións feitas a cargo do Departamento de Música do IES Misteri d´Elx, así que graciñas!

E por último o concerto solista. Cun exemplo máis que coñecido, “O Verán” das Catro Estacións de Vivaldi. Música descritiva interpretada marabillosamente por unha solista novísima. Disfrutádeo.

E aquí uns apuntiños para que completedes o que vos poda faltar nos vosos. Con todo cariño!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: