s.IV-XIV,idade media

Sobre a orixe da notación musical e a polifonía…

Este documental é moi recomendable para entender ata que punto estes dous acontecementos supoñen dous “big bangs” da historia da música. Repetimos: moi recomendable!

Sobre os instrumentos medievais…

Seguro que algunha vez estivestes na Catedral de Santiago, visitándoa e admirándoa coma museo imponente e obra de arte inmensa. Se entrastes pola portada principal, aquela na que se atopa o coñecidísimo Pórtico da Groria, seguro que vos parastes a mirar todo ese retablo escultórico que preside a entrada sobre tres arcos; pois ben, todas esas esculturas supoñen unha testemuña da música da Idade Media sen igual, de feito moitas reproduccións dos instrumentos medievais que hoxe coñecemos é gracias a elas xa que serviron como fonte para construir instrumentos dos que non existían exemplares traídos daquela época tan antiga.

Gracias ó traballo dun grupo de grandes investigadores, luthiers, musicólogos… puidéronse construir de novo e así permitirnos desfrutar e imaxinar un pouco mellor cómo podían ser os sons daqueles lonxanos tempos en Galicia.

Nos seguintes dous vídeos poderedes descubrilos:

Apuntamentos Idade Media

Como este ano non estamos a usar libro de texto, pensamos que igual vos viña ben unha pequena axuda de cara aos vindeiros exames que vos axude a ter as ideas un pouco máis claras.

Pero non vos confiedes: tomar notas do dito nas clases segue a ser unha moi boa idea, e os apuntamentos de cada un son insustituíbles. Iste resumonon ten porque aparecer sempre…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: