Música funcional

En relación coa Unidade 2 do libro de texto e a diferencia entre música artística e música funcional, queremos compartir con vós un texto que nos parece interesante: titúlase “Mobiliario musical” e o seu autor é ocompositor francés Erik Satie (1866-1925).

Nunha primeira lectura podería parecer que no texto se fai unha defensa radical da música ambiental ou “de mobiliario” como el di. Pero se vos parades a pensar, o ledes con máis calma e vos digo que Satie era unha persoa moi irónica, probablemente cheguedes a unha conclusión absolutamente diferente.

Velaí o texto en cuestión:

MOBILIARIO MUSICAL

 A “Música de Mobiliario” é basicamente industrial. Por costume – usualmente – ponse música en ocasións nas que a música non pinta nada. Por exemplo, tócanse “Valses”, “Fantasías” e outras cousas parecidas, escritas con outro obxecto.
Nós queremos lanzar unha música composta para satisfacer as necesidades “útiles”. A Arte non entra dentro destas necesidades. A “Música de Mobiliario” crea vibración; non ten outra finalidade; desempeña a mesma función que a luz, a calor e o confort en todas as súas formas.

A “Música de Mobiliario” substitúe vantaxosamente as Marchas, Polonesas, Tangos, Gavotas, etc…
*
Esixan a “Música de Mobiliario”.
*
Non máis reunións, asembleas, etc. sen “Música de Mobiliario”.
*
“Música de Mobiliario” para notarios, bancos, etc…
*
A “Música de Mobiliario” non ten precedentes
*
Ningunha voda sen “Música de Mobiliario”.
*
Non entre nunha casa na que non se utilice a “Música de Mobiliario”.
*
Quen non escoitase aínda a “Música de Mobiliario” non coñece a felicidade.
*
Non se durma sen escoitar un fragmento de “Música de Mobiliario” ou durmirá vostede mal.

E. Satie.

Xa fixestes a segunda lectura atenta que vos encomendei?
E a que conclusións chegastes?

E por certo, se buscades información sobre o compositor seguro que non vos aburriredes lendo sobre el.
O texto está recollido no libro “Erik Satie. Memorias de un amnésico y otros escritos“, publicado por Ediciones Ardora e que podedes atopar na sección de Música da Biblioteca do instituto.
E para aderezar a lectura con música unha das composicións máis coñecidas de Satie: a primeira das súas tres Gymnopédies.


Bo proveito!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: