o videoclip

VIDEOCLIP = curtametraxe que ofrece a representación visual dunha canción para a súa difusión en diferentes medios de comunicación.

Efectivamente esa sería a definición máis concreta do que é un videoclip, unha especie de “minifilme” onde os artistas exhiben dun xeito ou outro as súas cancións co fin de difundilas.

Dun tempo a esta parte o videoclip tense convertido nun método moi efectivo de marketing ou publicidade para a promoción e venta de discos. E para conseguir contar a historia musical dun xeito máis interesante sírvense de efectos visuais, electrónicos… que fan que as produccións sexan moi vivas e así conseguir o fin buscado, chamar a atención do espectador.

Pero este fenómeno audiovisual non estivo sempre aí; o comezo desta historia poderíamos remontalo a 1940, ano no que a factoría Disney crea “Fantasía”, un filme de animación onde as imaxes narraban o que a música parecía contar cunha sincronización ata agora nunca vista entre eses dous elementos, música e imaxe. No seguinte vídeo podedes ver un fragmento desta longametraxe de animación onde o mítico Mickey Mouse tenta emular ó seu mestre e finalmente este ten que poñer orde ante as vasoiras encantadas:

 

Pasando o tempo ata o ano 1956 e seguindo en EEUU, Hollywood céntrase na figura de Elvis aproveitando o seu enorme tirón e rodan multitude de filmes onde o propio Elvis saía cantando algúns dos seus temas máis coñecidos; dalgún xeito estes momentos musicais dentro da súas películas convertíanse nunha aproximación ó videoclip. Aquí ides ver o video que el mesmo fixo en 1957 sobre o tema “Jailhouse Rock” pero que non deixa de ser unha actuación musical  para TV coreografiada e con carcelaria posta en escea:

 

Xeralmente os videos musicais televisivos consistían precisamente na propia actuación do grupo ou artista  gravado de xeito máis ou menos elaborado pero sen ningún contido máis, simplemente tocaban e eran gravados mentras.;  así, en 1966 os Beatles farán algo diferente por primeira vez cando sacan o single “Paperback Writer” cun videoclip asociado pero no que ademais de saír interpretando directamente a canción tamén aparecían noutras actitudes.

 

É a partir de 1970 cando as propias discográficas comezan a substituír as actuacións en vivo dos seus grupos por pequenas “promos” en formato de videos pero todavía non supoñen algo rentable, todavía non demostran ser un mecanismo de promoción realmente eficaz. Ten que chegar o ano 1974 e con el o grupo sueco ABBA, uns pioneiros na gravación de videoclips e que conseguiron demostrar que o videoclip podía ser unha ferramenta productiva de difusión e venta de discos. “Waterloo” foi un deses videos que romperon moldes.

En 1981 nace a MTV, unha cadea televisiva norteamericana adicada exclusivamente á programación de videos musicais e inaugúrase co famoso e “superoitentero” (dos 80, vaia) “Video Killed Radio Star” do grupo The Buggles.

En España foi o grupo Mecano quen en 1982 inaugura os videoclips con selo nacional co tema “En tu fiesta me colé” e ó ano seguinte, 1983, aparece o que quizais foi o gran mago deste xénero, quen supuxo unha revolución en tantos aspectos non podía ser menos no ámbito dos videos e estamos a falar de Michael Jackson que marca un antes e un despois co correspondente ó tema “Thriller”, traspasa outra liña máis no seu desenrolo creador e seica foi o videoclip máis influínte da música pop. Dura 14 minutos, imaxínate todo o que pode pasar durante ese tempo! Pero como non fumos capaces de colgar Thriller imos poñervos o de “Smooth Criminal”, que non se queda atrás con 10 minutos e que continúa a estela do primeiro e recoméndovos que agardedes ata o minuto 6, onde parece comezar o delirio e de aí en diante sigue o baile “jacksoniano” por excelencia!

E así pouco a pouco foron xurdindo dende entón ata agora novas ideas, unhas máis e outras menos revolucionarias, máis ou menos acertadas, mellores ou peores pero que siguen facendo do videoclip un fenómeno audiovisual máis que importante.

Aquí quixemos facervos un breve (brevísimo) percorrido pola súa historia máis significativa pero non podemos rematar sen deixarnos levar polo noso gusto persoal e afectivo e así nesta ocasión  gustaríame clausurar este repaso histórico, se se me permite a licencia, ensinándovos (para quen non o coñeza) e lembrando (porque seguro que o recordaredes ó que algunha vez o vistes) un video que fai moitos anos a min me gustaba especialmente (e me sigue gustando, non o vou negar); estoume remontando ó 1985, trátase de “Take on me” do grupo Aha onde combinaban animación e realidade cuns efectos especiais únicos para a época. E aquela nena dos 80 quedou marcada.

 

 

Nomes propios: MICHEL GONDRY e SPIKE JONZE

Estes son os nomes de dous dos mellores directores de videoclips ata o momento. Algúns dos mellores artistas do panorama musical confiaron neles para a producción dos seus videos garantizando así unha obra audiovisual mestra segura.

Imos poñer algúns exemplos das súas realizacións e gustaríanos que vos fixárades en cómo pode cambiar o mesmo director dun video a outro, é dicir, canto de diferente pode chegar a ser un plantexamento doutro segundo o tipo de canción ou músico que teña entre mans.

MICHEL GONDRY

Comezamos co video que acompaña a canción “Mad World”  versionada por Michael Andrews e Gary Jules. O tema orixinal era da banda Tears for Fears e xa ten 20 anos, a sú revisión é moito máis lenta que a orixinal pero a sensibilidade aportada pola nova versión cáptase perfectamente nun video sinxelo, carente de grandes efectos e moi moi poético. É a mostra de cómo con moi poucos recursos pódese facer algo realmente bonito.

Seguro que coñecedes a The White Stripes, non? Pois o video da súa canción “The hardest button to button” é obra de Gondry e nel volve a non complicarse a vida pois o estilo deste grupo (garage-punk rock) así o require aínda que sí emprega un efecto repetitivo da imaxe que reforza o ritmo da batería e que resulta moi divertido.

Por último, a colaboración coa excéntrica e sempre orixinal Björk que confiou en Gondry para a realización do video para o seu tema “Army of me”, unha música industrial reforzada por ruidos de metais que acompañan a unha letra directa na que nos insta a nos deixar de queixar e loitar pola vida por nós mesmos. Seguro que observaredes moitísimas diferencias e contrastes con respecto as dúas ideas anteriores, verdade?

SPIKE JONZE

E imos enlazar con Spike Jonze precisamente con Björk, para quen fixo o video correspondente do tema “It´s oh so quiet” (que seguro vos sonará dunha campaña publicitaria) do ano 1995 e co que a islandesa acadou fama mundial. Este tema é un “cover” (=versión) dun tema máis antigo (de Betty Hutton) e nel altérnanse partes rápidas e lentas nunha transición perfecta e con claros contrastes no plantexamento visual: as partes lentas foron gravadas a cámara lenta e as partes rápidas a velocidade real e nelas o movemento explota mediante coreografías que lembran ó musical e nas que Björk baila claqué xunto con tódolos personaxes que aparecen na escea. Tamén a dozura de Björk inunda todo fronte ó carácter do video anterior. É considerado un dos mellores videoclips da historia.

Rematamos cunhas risas gracias ás ideas deste director quen para un tema do Dj Fat Boy Slim do ano 1998 decidiu montar unha coreografía cun grupo de bailaríns e presentala ó pé dun cine ante a sorpresa e estupor dos viandantes que asistían a unha demostración de danza arrítmica no medio da rúa. O propio Spike Jonze é o líder do baile, o que leva a batuta do grupo en torno ó cal xurdiu unha anécdota moi divertida: resulta que se extendeu o rumor de que realmente o propio Spike Jonze tiña esa compañía de baile, de “Torrance Community Dance Group”, e foi tal a difusión deste bulo que el mesmo decidíu facer un documental onde ensinaba cómo traballaba con esa ficticia compañía de baile, unha reportaxe que pretendía ser seria e conseguíu que de feito moita xente se tragara a historia. Estamos seguros de que vos arrancará algún sorriso este histriónico video.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: