¡CELEBRAMOS O 50 ANIVERSARIO!

Este curso estamos de celebración e o noso centro cumple 50 anos, nada máis e nada menos!

Con tal motivo véñense celebrando unha serie de actos (coloquios, exposición fotográfica, obra de teatro…) nos cales o Departamento de Música decidíu poñer algo da súa parte e son eses acontecementos musicais dos que teredes información neste blogue.

Comezamos polo concerto do coro de alumnas “Ollos Grandes” que actuou o pasado martes (19 de marzo), e dicimos “coro de alumnas” porque dáse a casualidade de que este ano só había rapazas integrándoo pero estamos desexando que se una a nós algunha voz masculina. As actuais integrantes son: Alba Castro (2ºESO), Carla Serrano, Viki Fernández (3ºESO), Laura Rodríguez, Laura Iglesias (4ºESO) e Elisa Arias (1ºBAC).

 

E inauguraron as actividades musicais cun concertiño pequeno e íntimo (sobre todo pola iluminación que as velas e pequenas lámparas proporcionaron) onde interpretaron os seguintes temas: “Nothing else matters” e “Knocking on heaven´s door” (por todos coñecidas), “Go down Moses” (espiritual negro), “Anyone else but you” e “Three Hugger” (da banda sonora da película “Juno”) e “O Ronron do gatinho” (Adriana Partimpim). Tamén unha das compoñentes decidíu cantar unha canción en solitario, “Everytime I see you falling”.
Aquí tedes unha pequenísima mostra do feito (desculpade a calidade dos vídeos pero un problemiña e a intencionada ambientación deu con este resultado, de paso facemos un chamamento a se alguén ten algún vídeo máis por pequeno que sexa que nolo faga saber!)

 

 

O pasado xoves (28 de maio) actuou o coro de profesoras e profesores. A idea de xuntarnos os mércores no recreo a cantar xurdíu o curso pasado e, vendo a satisfacción e bo ánimo co que a xente participaba, decidimos continuar e ir preparando novas cousiñas, sempre dentro das nosas posibilidades pois o tempo do descanso da mañá non dá para moito. Pero o importante é o ben que o pasamos e canto disfrutamos xuntos facendo iso que tanto nos gusta que é cantar, e podedes ter algún detalle máis destas xuntanzas no post que Rosa colocou no blogue da biblioteca (graciñas Rosa!). 

O repertorio foi variado: “Can´t help falling in love” de Elvis Presley (interpretado polas voces masculinas), “Edelweiss” da película “Sorrisos e bágoas” (nas voces femininas), “Las Mañanitas” (canción mexicana), “Let us break” (espiritual negro), “Dígame se fai favor” e “A vaca marela” (galegas). Desta ensalada musical podedes ver a continuación o vídeo do desafío homes-mulleres “Dígame se fai favor”, onde algúns fixeron exercicios interpretativos moi entregados. Aí vos queda!
 
 E unhas fotos…
 
E ó día seguinte pecharon os actos do 50 aniversario as alumnas e alumno de MúsicaII, de 2º de BAC. Prepararon un concerto moi interesante e divertido, que abriron cunha batucada polos corredores do centro nun breve percorrido ata o Salón de Actos, onde foron recibindo á xente cos sons da percusión. As louvanzas polo xenial resultado (blogue da biblioteca, entre outras)  foron tantas que dende aquí reiteramos a nosa NORABOA! polo que conseguiron, que foi emocionar a moitísima xente.
Deixámosvos unhas cantas fotos…
 
 
Aquí podedes disfrutar dos vídeos desa actuación. Comezamos coa peza “Esa Enai”, unha adaptación dunha peciña de folklore “klezmer”.
 
 
 
O segundo tema foi a versión da coñecidísima “No controles” daquel grupo dos 80 chamado OléOlé, cunha sorpresa un pouco teatral polo medio…
 
 
 E aquí o vídeo dun tema un pouquiño experimental a partir da línea dun baixo moi coñecido dun tema de “The White Stripes”. Un día puxémonos a improvisar sobre dito tema e xurdíu unha “idea de bombeiro” moi productiva cun resultado especialmente luminoso, lástima que non se poida apreciar ben o resultado final pero os que estivestes alí seguro que lembrades cómo foi.
 
 
A continuación, a percusión mediante aparellos varios de cociña que deron lugar a unha peciña que decidimos chamar “Mesón”.
     
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: