ABRIGUEIRO, estudio de gravación

Visitamos a Arturo Vaquero, productor musical e compositor, no seu estudio de gravación musical en Friol.

Xa fai dous anos  realizouse no centro un proxecto interdisciplinar moi ambicioso: Os lamentos de Gaia. Nel tratábase de coñecer e investigar arredor do cambio climático e tiveron lugar no centro moitas e moi diversas actividades a cargo de diferentes departamentos. Se queredes saber máis podedes visitar o blogue (aquí) que con tal motivo se fixo.

Nós, o departamento de música, tamén participamos: exposición conxunta co departamento de tecnoloxía de instrumentos musicais con material de reciclaxe, concertos cos diferentes grupos de música, cos coros de profesores e profesoras e alumnas, e a montaxe dunha canción que foi a banda sonora do proxecto: “Non hai castañas”

Foron alumnos e alumnas de música do curso pasado os que se presentaron voluntarios para construir e sacar adiante este proxecto que resultou ser para TODOS unha experiencia marabillosa.  Sen o seu bo ánimo e disposición e a axuda de moita xente (tanto compañeiros do centro como de fóra, entre eles a inmensa, xenerosa  e fantástica colaboración de Arturo Vaquero) non sería posible escoitar isto: con todos vós … “Non hai castañas!”

Aquí podedes ver algúns vídeos con imaxes da gravación e sobre todo o vídeoclip da nosa canción:

Vídeoclip “Non hai castañas!”

 Vídeo “Opinións dos protagonistas”

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: