Concienciación contra o ruido

O pasado 29 de abril fixemos a nosa persoal celebración do Día Internacional da Concienciación contra o Ruido.

Consistiu nunha pequena acción sonora na que alternamos ruidos desagradables e ó mesmo tempo (e desafortunadamente) moi cotiáns con fragmentos musicais que xurdian do silencio. Estes últimos foron executados por varias alumnas do noso departamento e mais do coro mediante a interpretación de diferentes instrumentos: Sara ó piano, Paula ó cello, Elena ó clarinete, Cora á trompeta, Almudena ó baixo, Lucía ó violín e Laura á voz. Por outra banda, o público asistente aceptou de moi bo grado vendar os seus ollos para así mergullarse na sensación plenamente sonora.

O resultado foi moi interesante e satisfactorio e podedes ver algunhas fotos máis na nosa galería, que atoparedes na barra lateral clicando en “more photos”.

Advertisements

3 Respostas to “Concienciación contra o ruido”

  1. ¡Qué fotos tan bonitas!

  2. musog Says:

    Ops! Coido que nunca nos deran un tirón de orellas tan subtil, elegante… e merecido. O feito é que a nosa descortesía nos levou a omitir que as fotos que ilustran esta entrada figuran aquí precisamente por cortesía de Rosa; e xa que estamos diremos tamén que esta non é precisamente a primeira, nin a segunda…. nin a decimoquinta atención que o departamento recibe pola súa parte. Por todas elas moitas grazas.

  3. Alba López González Says:

    Pareceme moi boa idea, eu tamén teño varias tecnicas de relaxación

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: