Parabéns

Comezamos esta última semana do curso con motivos para as felicitacións.
A primeira delas ten que ser necesariamente para todos os que nos abraiaron o pasado venres co concerto do recreo: as alumnas e alumnos de 1º de BAC e a súa profesora Belén. Sen ánimo de caer na esaxeración, cada vez resulta máis difícil describir a creatividade, o entusiasmo e o traballo que se aprecia nestas actuacións. Igual non queda moi ben que digamos isto dende aquí; pero como quen está a escribir non tivo intervención directa no resultado, pode falar a título de simple espectador encantado, e agarda desculpedes a inmodestia solidaria que en rigor non é tal.
Felicitacións en segundo lugar para todos os amantes da música no “Día Europeo da Música” que estamos a celebrar hoxe. Trátase dunha iniciativa creada en Francia en 1982, e que en España celebramos (con entusiasmo relativo) dende o 2006. Particularmente, e como non somos moi amigos de que nos marquen o ritmo, imos a facer o mesmo que fixemos co “Día sen ruido” e celebrarémolo ó día seguinte, é dicir mañá martes durante o recreo, co último concerto do curso. Será un concerto cunha participación moi variada e ó que obviamente estades invitados.
Pero non estaría ben deixar pasar a ocasión sen facer mención dunha iniciativa orixinal para a celebración do devandito Día da Música: tivo lugar onte ao pé do Faro de Fisterra, e consistiu na interpretación da peza “Vexations” de Satie. Esta breve peza, cunha duración aproximada de 90 segundos, ten a particularidade de que debe ser repetida segundo as instruccións do seu autor… 840 VECES!!! E así o fixeron 28 pianistas que se turnaron para unha interpretación que durou arredor de 18 horas.
Por último e como diciamos ao principio, estamos a rematar o curso. E hoxe comeza o verán. Así que de novo parabéns para todos.

Advertisements

Unha resposta to “Parabéns”

  1. ¡Es una suerte poder disfrutar de los conciertos de vuestro departamento!
    ¡Gracias! y
    Have a nice summer!
    Rosa

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: