Patrimonio musical

De que estamos a falar cando falamos de patrimonio?
Vaia unha parvada!; de cartos, non si? Ou de fincas, herdanzas, propiedades inmobiliarias, bonos bursátiles ou algo diso…
Todos coñecemos esa acepción tan “material” da palabra patrimonio. Pero patrimonio tamén é cultura; e ninguén dubida de que a nosa Muralla forma parte do noso patrimonio cultural, ao igual que catedrais, castelos, monumentos, pinturas…
Neste contexto de patrimonio cultural, a palabra aparece cada vez máis frecuentemente asociada ao adxectivo “inmaterial”. Esta expresión fai referencia a outras manifestacións culturais non tanxibles, pero que innumerables grupos e comunidades de todo o mundo recibiron dos seus antepasados e transmiten aos seus descendentes, a miúdo de maneira oral (tradicións, festas, costumes, artesanías, danza e, como non, música).
A Unesco, consciente da fraxilidade destas manifestacións artísticas, adoptou no ano 2003 unha “Convención para a Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial”. Nela créase un comité encargado de elaborar listas de Patrimonio Inmaterial e de velar pola súa protección.
Pois ben, logo desta “brevísima” introducción cheguei por fin á noticia que vos quería comentar: o pasado día 16 de novembro (xa vén sendo tradición deixar madurar as novas, e que istas xa non o sexan tanto cando as incorporamos ao blogue) a UNESCO incluíu ao Flamenco e ao Cant de la Sibil.la dentro da lista de manifestacións culturais que forman parte do Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade.
Parécenos que a noticia é motivo de orgullo e alegría, por unha banda polo recoñecemento que supón para dúas expresións musicais do noso país. E en segundo lugar talvez sexa un motivo que nos anime a coñecer mellor estas músicas.
Todo o mundo alén das nosas fronteiras nos identifica co flamenco, e todos temos oído falar de flamenco; pero na maioría dos casos os nosos coñecementos sobre él son moi superficiais. E respecto do Cant de la Sibil.la (unha tradición musical que se mantén casi inalterada dende a Idade Media e que recolle unha profecia sobre o Xuízo Final que se interpreta nas noiteboas nas igrexas de Mallorca e do levante español), posiblemente o noso coñecemento non chegue tan sequera a merecer o adxectivo de superficial.
Pois ben, se esta nova contribúe ao coñecemento, respecto e protección destas manifestacións musicais, dámoslle a nosa máis calurosa benvida.
E aproveitando que os que pasamos por este blogue temos todos algo de músicos, permitímonos unha tamén calurosa felicitación para o día de mañá, 22 de novembro, Santa Cecilia, padroa da música e dos músicos.
Feliz día!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: