“Voces na Rúa”

Onte luns estivemos de celebración: foi Santa Icía, a patroa dos músicos. E a Deputación de Lugo con motivo de tan importante data decidiu poñer en marcha este ano un programa de concertos corais pola rúa durante toda esta semana; concertos a cargo de diferentes agrupacións da nosa cidade que foron  inaugurados onte pola coral feminina CantarDelas e polo coro do Hospital Xeral de Lugo e o día de hoxe martes continuaron coa Polifónica de Xolda e o Orfeón Lucense.

Este mércores, xoves e venres continúa a música a partires das 18.30 e ata as 20.30, con dous itinerarios que serán percorridos polos dous coros participantes en cada un dos tres días. Parece un pouco lío isto que acabo de explicar pero verédelo moito máis claramente e entenderédelo mellor se acudides a este enlace onde se vos indica qué agrupacións, qué horarios e rúas terán banda sonora propia durante esta semana. A que soa moi ben?

Só unha última cousa (e xa de paso, dar publicidade), resulta que tres profes deste instituto son membros do coro que pecha este interesante ciclo (SoloVoces) así que se queredes vernos en acción xa sabedes onde andaremos e cantaremos; e se non queredes vernos, igual non podedes evitalo encontronazo, jeje…

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: