Unha fermosa historia musical en Venezuela

Érase unha vez un director e Mestre de música venezolano chamado José Antonio Abreu que levou a cabo unha das fazañas musicais máis incribles dos últimos tempos: estaba decidido a espallar a música por tóóódolos rincóns do seu país e que absolutamente tóóódolos nenos e nenas que alí vivían puidesen disfrutala, sen distinción algunha. E sabedes qué foi o que ocorreu? Pois que realmente o conseguiu, nada máis e nada menos que 290 orquestras e coros espallados por toda Venezuela!

Así foi, hoxe por hoxe o Sistema Nacional de Orquestras e Coros Infantís e Xuvenís de Venezuela (máis coñecido polo “Sistema”) supón un logro musical sen igual en todo o planeta non só polo que no aspecto musical acadou, que é algo realmente impresionante, senón tamén polo aspecto social pois esta rede musical chega ata as zonas e estratos máis desfavorecidos da sociedade nos que os máis novos soen caer sen remedio no mundo das drogas ou do crimen, empuxados pola falta de esperanza ante a vida. Con este proxecto miles de nenos e nenas son rescatados gracias á música.

Esta idea xenial abrangue múltiples talleres de formación para os rapaces (como por exemplo de reparación e construcción de instrumentos) e tamén atende ás necesidades especiais, como por exemplo co Coro de Manos Blancas, un coro integrado por nenas e nenos xordos. Son tantos os méritos acadados que no 2008 recibiron o Premio Príncipe de Asturias das Artes e hoxe por hoxe é un modelo imitado por toda América Latina.

Foi feita unha película documental acerca deste fermoso conto (conto que leva en marcha uns 30 anos) que amosa tódolos seus logros a través da historia de 6 rapaces e rapazas para os que a música supón un soño de vida, de ilusión, de esperanza. O título do filme é “Tocar y Luchar” e a continuación podedes ver o tráiler.

E ó chegar aquí lembro os esforzos que algunhas organizacións están facendo noutros países por conseguir que a música forme parte esencial da educación, lémbrome da miña estancia en Nicaragua onde a xente de Ritmo en los Barrios vai pasiño a pasiño camiñando cara esa idea… e con tantas historias bonitas non podo evitar emocionarme; ó mesmo tempo lembro cómo aquí non fan máis que denostar as ensinanzas artísticas e reducir horas de música e non podo evitar… en fin, sen comentarios.

Advertisements

Unha resposta to “Unha fermosa historia musical en Venezuela”

  1. ¡Precioso artículo -y preciosa redacción!
    Estoy totalemente de acuerdo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: