Don Enrique Morente.

Fai pouco fixemos unha entrada referente ó nomeamento do Flamenco como Patrimonio Cultural da Humanidade e esta noite faleceu unha das persoas que conseguiron que isto fose posible coa súa arte e os seus continuos méritos artísticos e musicais arredor desta música: Don  Enrique Morente.

Un home humilde do barrio do Albaicín, Granada, barrio que mira cara a marabillosa Alhambra, outro Patrimonio Cultural da Humanidade. E seguro que dende aquelas azoteas andaluzas da súa casa cantou cara ela máis dunha vez.

Morente aprendeu dos artesáns do flamenco, dos grandes depositarios da tradición oral cando decidíu marchar da súa cidade natal para medrar cultural e profesionalmente; e conservou a tradición no seu bo facer pero tamén decidiu experimentar coa innovación e coa mestura do seu folclore con outras músicas que parecen estar moi lonxe desta linguaxe pura, coma o rock ou o jazz; era un home de enorme curiosidade e seica tomaba nota dos novos grupos que ía escoitando pola radio (por exemplo, Radio3) e inmediatamente ía mercar os seus discos para devoralos e seguir aprendendo. Todo isto fixo que a súa creación fose diferente, algo que provocou que non fose aceptado ou que costase entender a súa mensaxe nun principio, algo completamente superado hoxe por hoxe pois ninguén dubida xa do enorme valor da súa música e da súa xenialidade.

Por poñervos un exemplo para vós quizais máis cercano, seguro que todos coñecedes o Festival de Pop-Rock de Benicassim, verdade? Pois o propio Morente actuou nese festival xunto co grupo Lagartija Nick, un grupo de rock indie da cidade de Granada cos que elaborou un disco que quedará para a eternidade coma un monumento musical que é imprescindible escoitar, o chamado OMEGA. Neste disco versiona a Leonard Cohen (“Manhattan”, “Aleluya”) e pon música a poemas de Federico García Lorca, por quen sentía paixón. Din de Morente que era un home tremendamente culto, intelixente… pero que xamais se mostraba ós demais sabedor do seu valor, ó contrario, a sinxeleza acompañouno sempre e iso é o que fai especiais e diferentes ós xenios de verdade.

Apagouse para sempre? Non, o seu legado, a súa música, nunca o permitirá.

Advertisements

Unha resposta to “Don Enrique Morente.”

  1. Maria Says:

    Os meus grandes referentes do flamenco, Camarón e Morente, já só som voz e arte. Pena nom poderem continuar creando. Obrigada, maestros! Obrigada, Musog, por informardes

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: