A Orquestra Sinfónica de YouTube

Se comezo esta entrada abraiándome do moito que cambiaron as nosas vidas nos últimos anos como consecuencia da irrupción das novas tecnoloxías, seguramente pasarán dúas cousas: a primeira é que estarei sendo moi pouco orixinal por repetir algo obvio; e a segunda que me descubrirei como un carroza por me sorprender de algo que a moitos dos que ledes esto, alumns noss, non vos chama a atención en absoluto xa que é o contexto normal no que nacestes e pasastes toda a vosa vida.
Ben, pois malia a todo o anterior, así comezo: obvio, carroza e sorprendido.
E tamén me sorprenden os camiños que estas novas tecnoloxías nos abren. O que vos quero comentar hoxe non é novo. Trátase da orquestra sinfónica de YouTube, un proxecto que se fixo realidade xa no ano 2009, e que como saberedes integra a músicos de todo o mundo que son seleccionados logo de “colgar” unha gravación na Rede. É un proxecto aberto e participativo que se cabe tende a facer aínda máis universal a pretendidamente universal linguaxe da música.
Nesta edición de 2011 a orquestra contará con 101 músicos de corenta nacionalidades. Deles tres son españois.
Queremos invitarvos a coñecelos; e a coñecer tamén o proxecto desta orquestra que este ano actuará en Sidney o día 20 de marzo, dirixida por Michael Tilson Thomas.
Se vedes o vídeo de presentación da orquestra estaredes cumprindo unha chea de obxectivos didácticos simultáneos:
1º Repasaredes inglés, falado con moi diversos acentos.
2º Repasaredes os instrumentos da orquestra.
3º Aprenderedes o nome dos instrumentos da orquestra en inglés (nunca se sabe para que pode facer falta).
4º E algún dos nosos aventaxados alumns instrumentistas pode atopar un estímulo para animarse a participar no proxecto no futuro. Sería un auténtico orgullo.
Que vos guste!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: