Bailando!

Na clase de 1º de BAC estivemos preparando unha danza húngara chamada “Sarkòzi Karikàzö”, unha danza sinxela en canto ós pasos pero complexa á hora de interpretala en grupo. A unión dos brazos implica ter un control da formación de corro e mais un dominio das diferentes partes da danza e os seus pasos correspondentes para non acabar uns pisoteándose ós outros, cousa que nos primeiros ensaios non puidemos evitar máis dunha vez…

Finalmente conseguimos facer algo moi moi decente, a pesares tamén doutras anécdotas que lembraremos moito tempo, verdade, Igor? 😉 E por iso volo quero ensinar, porque estou moi contenta co traballo realizado e o seu resultado así que para as miñas rapazas e rapaces de 1º, NORABOA!

Por certo, que saibades que este e outros videos podedes velos nun formato moito máis cómodo no noso CANAL MUSOG, en youtube. Podedes acceder a el na sección de enlaces na barra do índice do blogue, á dereita e fondo da pantalla. Entra XA!

Advertisements

8 Respostas to “Bailando!”

  1. hay hay hay… Había que facer un mix coas mellores partes de cada video e xa quedaba perfecto 😉 pero aínda así non está mal.

    • musog Says:

      Unha das mellores partes é o teu fantástico sentido do humor. Vémonos (bailando ou tocando ou cantando…)!

  2. igor Says:

    jaja 😉 😉
    por certo belén teño unha idea que bueno e só eso unha idea jaja.
    Non poderiamos en vez de dar teoría pois os que tocamos un instrumento levalo a clase e falar sobre el e explicar como se toca etc… e os que non tocan nada falar dun grupo de música que lles guste ou algo así. sería mais amena a clase e algo de teoria esta ben pero puntuar en vez de examinarse de teoria puntuar unha intervención que fagamos un de nós eso si que seria unha gozada!

    • musog Says:

      Pois iso pódese facer de feito estaría moi ben, pero non quita de seguir dando teoría. Sinto quizais decepcionarte pero é o que hai.
      E de tódolos xeitos calquer suxerencia é realmente benvida, graciñas!

  3. Miguel Says:

    Estupenda a “Sarkòzi Karikàzö”, que por certo non me parece tan sinxela, nin en conxunto nin por separado. E moi bonita tamén a música. Noraboa a tod@s.
    E agardamos impacientes pola “CarlaBruni Karikàzö”.
    (As miñas desculpas: era un chiste moi fácil pero non puiden reprimilo)

    • musog Says:

      Graciñas, Miguel! Así da gusto bailar, con estas loubanzas… xa estou pensando en ir preparando a seguinte, a ver se nos superamos, jeje!

  4. Judith Says:

    Dende logo…que ben o pasades…con profesores así…da gusto ir a clase.

    • musog Says:

      Ai qué ilusión me fai, eres a primeira suscrición (sen nos contar a nós mesmos, 😉 ).
      Graciñas por te pasares por aquí, esperamos servirche de entretenemento de cando en vez.

      MilBicazos Judith!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: