“Do mar pola orela”

Agora sí que xa non tedes excusas de ningún tipo. Agora sí que xa podedes practicar en casa. Agora xa vos pode, por fin, saír ben esta canción. Jejeje…

“Do mar pola orela” é un poema de Curros Enríquez que este escritor adicou a Rosalía de Castro. Fermosísimos versos aos que o director e compositor galego Julio Domínguez puxo música e fixo un amaño para coro de voces brancas, un resultado delicioso do que vos deixo un video do propio Julio dirixindo o seu coro “Camerata Vivace”.

Coa xente de 1º de Bach estamos a preparar esta canción con frautas, permitíndonos algunha modificación na voz máis grave para poder interpretala coa frauta doce. Coa xenerosa colaboración de Carmen, Mauro e o meu compi Miguel (graciñas inmensas ós tres!) gravamos o venres pasado a peciña que esta avaliación tedes que preparar para frauta e da que sabedes que vos tedes que examinar en grupo, nonsi? Con este video podedes reforzar o voso traballo sabendo que Carmen toca a 1ª voz, Mauro a 2ª e Miguel a 3ª.

Pois veña, a seguir traballándoa e non vos despistedes que queda pouco.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: