WAR DANCE, trailer

Fai pouco que marchou Emmanuel, un rapaz de Uganda que chegou ó noso centro de visita por un tempo.  Estivo aquí mentras durou a recuperación dunha operación cirúrxica bastante seria á que foi sometido gracias á colaboración da ONG “Cirujanos del Mundo” e outras organizacións locais. Podedes ter máis información da súa estadía no blogue de Rosa de Inglés.

A situación do país de Emmanuel é realmente dura, cunha guerra civil que leva durando moitos anos e que é terriblemente cruel (en fin, coma tódalas guerras). Moitas tribus viven desplazadas en campos de refuxiados e ás veces atemorizadas por ataques rebeldes; moitos nenos desas tribus foron forzados a se convertiren en nenos soldados e ao mesmo tempo forzados a asasinar; moitas nenas sufriron vexacións e abusos difíciles de superar.

A película que hoxe vos presentamos (War Dance) conta a historia dun destes nenos soldados e dunha nena que sufriu moi directamente os horrores desta guerra e que hoxe viven nun campo de refuxiados tratando de superar o seu recente e dolorosísimo pasado. O bo é que é a MÚSICA a que está conseguindo esa recuperación: a musicoterapia.

Non fai falla que vos explique máis porque o video deixa todo moi claro. (Está en inglés pero é moi doado de entender e ademais aparece algún subtítulo)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: