Xoán Montes, sóache?

Esta semana en Lugo celébrase algo especial, unhas xornadas sobre o NOSO MÚSICO.

Xoán Montes (abril de 1840-xuño de 1899) foi un compositor  galego nado na nosa cidade e que se enmarca dentro do nacionalismo musical galego. Quizais é o noso compositor máis internacional; e dicimos isto porque en todo o mundo é coñecida a súa melodía para o poema da “Negra Sombra” de Rosalía de Castro, quizais popularizada nos últimos anos pola cantante Luz Casal ou o músico folk Carlos Núñez. Realmente é un grande descoñecido e do que paga a pena saber moito máis, sobre todo escoitar moito máis porque ten pezas moi interesantes e fermosas e que fose un músico dende moi novo completamente autodidacta aínda as fai máis apetecibles se cabe.

No Museo Provincial da cidade podedes acudir a unha exposición sobre a súa vida e obra e poderedes ver algunhas das súas partituras e mesmo a batuta que empregaba para dirixir. E se ledes isto a tempo, mañá (día 29 ás 20 horas) na Igrexa de San Pedro terá lugar un concerto do coro SoloVoces (dirixido por Fernando Gómez Jácome) e a orquestra de Xove (dirixida por Xan Carballal) onde se interpretará a Misa que compuxo para o Apóstolo Santiago, unha obra moi grande en canto a calidade e beleza.

Animádevos a asomarvos á música deste insigne paisano noso, XOÁN MONTES.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: