Ecos de Pentagrama

Esta entrada quero adicarlla a alguén moi especial, vou permitirme unha incursión no meu eido máis persoal.

Hai anos coñecín a unha das persoas máis especiais que teño a sorte de disfrutar na miña vida; alguén que dende sempre amosou un interese vital pola música e por todo o universo sonoro en xeral; naquel momento era unha personiña en construcción na que fun descubrindo unha sensibilidade inmensa e á que me sentín para sempre ligada (cómo poder evitalo se ten unha personalidade abraiante, así me provocou un efecto magnético).

Esa rapaza tivo que percorrer á forza camiños nada agradables pero saíu adiante cun grande esforzo e sobre todo con grande valentía. Non me esperaba menos dela e dende entón, dende antes e para sempre se convertiu nun exemplo para min. Alguén indispensable.

Agora recomezou a escribir no seu blogue, ECOS DE PENTAGRAMA, como ela di “un lugar no ciberespacio para a reflexión musical, a escoita activa e a participación en actividades e curiosidades do espectro sonoro e por suposto sobre a vida“. Botádelle máis dun ollo!

Graciñas Infinitas, Judith.

Advertisements

Unha resposta to “Ecos de Pentagrama”

  1. Judith Says:

    fixéchesme chorar…estarás contenta…gracias a ti que fuches a labrega que botou a semente…deberías estar orgullosa …e mais tódolos rapaces que que asisten ás tuas clases; és unha grande mentora….noraboa!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: