Angry Birds, cover.

Seguro que máis dun coñecedes o videoxogo Angry Birds, verdade? Eu son lega neste asunto dos xogos e demais pero coñézoo polo teléfono móbil de algún amiguete. Pois imos ó asunto.

Tódolos videoxogos teñen música coa que podes acompañar o momento de xogar, xeralmente é creada por algún compositor máis ou menos coñecido e algunha destas músicas chega a facerse realmente importante, como é o caso da música de Super Mario Bros, do xaponés Koji Kondo, que no seu momento dixo que fora a canción máis difícil que tivera que compoñer e á que decidiu darlle un ritmo de calypso e así nas máquinas de xogos pódese escoitar unha orquestración con sintetizadores que imitan o timbre dos steel-drums.

Hai un grupo indie californiano chamado Pomplamoose (aquí tedes o seu Myspace) que fixo unha versión (“cover” en inglés) da música de Angry Birds, composta orixinalmente polo finés Ari Pulkkinen. Trátase dun videoclip gravado integramente mediante teléfono móvil e ningún dos sons foi modificado, o que ves é o que escoitas, incluido a cabeza contra o piano! Resulta unha idea moi tola e divertida, xa o comprobaredes.

Advertisements

Unha resposta to “Angry Birds, cover.”

  1. Kike Says:

    Pareceume un video moi interesante e divertido, xa que non sabía con certeza os instrumentos empregados na música de Angry Birds, ademais, a maneira de interpreta-la canción é do máis entretido e divertido que vin en tempo. Por non mencionar a habilidade musical de ambos rapaces.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: