Música nas estrelas…

O grupo asturiano Stormy Mondays está entre os 10 grupos finalistas dun concurso que pretende escoller a música que acompañará os despertares dos astronautas na próxima viaxe espacial do transbordador Endeavour.

A súa canción foi escollida de entre 1350 que se presentaron a este concurso da NASA. Titulada “Sunrise Number 1”, fai referencia ó que sería un amencer no espacio e a todo o que se podería contemplar dende esas alturas, cun estilo pop fresco e divertido. Podedes visitar a súa páxina web.

Ten mérito o destes rapaces pois son o único grupo de fóra dos Estados Unidos que chegaron a esta final. Así que se os queredes seguir apoiando (de momento van gañando por goleada) podedes votar na propia páxina da NASA, aquí, ata a noite do despegue da nave. Qué emocionante, verdade?

Disfrutade da canción.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: