Move a mountain!

Acabo de descubrir a este grupo, Track Dogs. Formado por 4 rapaces de nacionalidades anglosaxonas todos (dous irlandeses, un inglés e un americano) que tocan guitarra, baixo eléctrico, trompeta e caixón. O estilo é unha mestura de blues, rock, bluegrass, jazz… e con harmonías vocais moi curradas. Soan xenial e a semana pasada andiveron seica por Lugo tocando no Clavicembalo (comprobeino na súa páxina web) pero enterámonos demasiado tarde, qué se lle vai facer.

Foi gracias ó programa de Radio3 (chamado “Un mundo feliz”) que os descubrín e aínda que xa hoxe fixemos unha entrada pensei que un día é un día. A idea xurdiu porque a canción de presentación do seu último disco se chama “Move a mountain” e eles mesmos comentaron que encaixa moi ben co momento de revolución social que estamos a vivir tan intensos, con miles de persoas reclamando a un tempo un cambio de mentalidade e un xiro radical na maneira de facer as cousas tanto no noso país coma a nivel mundial. Realmente son uns días moi emocionantes, persoalmente sinto non poder estar aí máis intensamente.

Así que, adicada a tódol@s indignad@s!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: