Ratas e música

Nós pensamos que a música ten unha influencia descoñecida na natureza, mesmo poderiamos dicir que a música é natureza, non si? Quizais iso explique a súa relación tan intensa. E deste xeito ás veces temos escoitado que as prantas da nosa casa melloran de aspecto se lles sintonizamos algunha melodía e mesmo unha vez contáronme dunha explotación de vacuno moi preto de Lugo na que puideron comprobar cómo as vacas daban máis leite despois de escoitar música.

Seica nun instituto de Las Palmas de Gran Canaria (colexio Marpe-Altavista) intentaron demostrar algo acerca do efecto da música nos seres vivos: varias alumnas de 3º da ESO coa axuda do seu profesor de ciencias analizaron durante 10 días o efecto que músicas distintas provocaban en varias ratas. Non imos entrar agora no debate acerca da utilización de animais para experimentos científicos, un tema máis que polémico e controvertido, pero confiamos en que durante ese tempo os animais estiveran coidados con moito amor e respeto. O caso é que seica chegaron a conclusións coma as seguintes: bebían máis auga coa música latina, aumentaban a agresividade co rock duro, adelgazaron co canto gregoriano e engordaron coa música canaria, entre outras.

Tampouco imos entrar a analizar o rigor científico co que se extraeron conclusións porque o descoñecemos pero ao parecer a unha editorial chamada Belleza Infinita (aquí tedes a páxina web da mesma) interesoulle o traballo destas alumnas de secundaria e decidiron editar un libriño contando esta experiencia músico-científica. Podedes botarlle un ollo aquí.

Unha experiencia cando menos curiosa. Se tedes algunha opinión sobre este tema animádevos a deixar o voso pensamento nun comentario.

 

Advertisements

3 Respostas to “Ratas e música”

  1. Miguel Says:

    Moi interesante a reflexión. (E preciosa a foto).
    Dende logo non serei eu quen poña en dúbida a influencia que a música pode chegar a exercer sobre quen a escoita. É moito o que se deixa escrito sobre o tema, e xa na Antigüidade se estudaba o “valor ético” da música, isto é, a capacidade que esta ten para incidir no comportamento dos individuos.
    Non obstante estas ratiñas, miñas pobres! Pasar por tantos estados de ánimo en tan só dez días…
    A min, lendo a sucesión de efectos, ocurríaseme o seguinte encadeamento de circunstancias nas que a música non tería absolutamente nada que ver:
    a) As ratiñas preparan a operación bikini cun pouquiño de dieta e bebendo moita auga para depurar o seu organismo (polidipsia).
    b) En consecuencia as ratiñas adelgazan.
    c) A tradicional inconstancia que caracteriza as dietas pre estivais fai que as ratiñas engorden de novo.
    d) A frustación pola recuperación dos gramos de máis, agravada polo inevitable “efecto rebote” fai que aumente a súa agresividade.
    Así e todo, para que non pensedes que son un descreído e que non teño fe nos estudos científicos, vouvos recomendar os que fixo o célebre J. S. Mastropiero sobre os efectos da música nos merlos, nos cisnes, nos cucos e máis nas ovellas. Inesquencibles.

    Ata outra!

  2. Uxía Vázquez Says:

    Mellor proba de que a música, sexa do tipo que sexa, é sensacional para todo o mundo creo que non hai. Con este proxecto vemos que a música está relacionada ca natureza, como todo un pouco, ¿non?
    A verdade e que esta é unha experiencia curiosa e divertida, sempre e cando respenten aos animais.
    Por certo, moi bonita a foto, hay que marcalo tamén 🙂
    ¡Un saúdo!

    • musog Says:

      É certo, a música é moito máis importante do que a maioría da xente pensa. Está en todas partes.
      Gustaríame que atopases un erro ortográfico importante que cometes no teu texto; cando así sexa, respóndeme a este comentario meu coa solución. Ánimo!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: