Festival SÓNAR Galicia

A medida que nos achegamos ao verán vanse aproximando tamén as múltiples citas musicais en forma de festivais que inundan tanto a nosa xeografía como a de máis alá das nosas fronteiras. Esta fin de semana, os días 17 e 18 concretamente, terá lugar en A Coruña un dos festivais máis importantes a nivel mundial de música electrónica e arte multimedia: Sónar Galicia

O horario dos concertos comeza a partires das dez da noite nas instalacións de EXPO Coruña, con actividades e eventos diferentes tanto para profesionais do mundo da electrónica como para aqueles e aquelas que queiran disfrutar de artistas locais emerxentes ou figuras de ámbito internacional como a recoñecida, controvertida e polémica M.I.A. ou o dúo Underworld. Pero como somos de Lugo (e porque tamén é un coñecido da casa) quixéramos recomendarvos ó dj Mr. Fishman ou Dr. Think, que actuará na noite do sábado no sónar hall; por se queredes escoitarlle un pouquiño aquí vos deixo o seu MySpace.

Se pinchades neste enlace podedes acceder á páxina web do festival con completísima información sobre os artistas, localizacións e moitas novas máis.

 

Advertisements

2 Respostas to “Festival SÓNAR Galicia”

  1. Patricia 4ºC Says:

    Gústame moito esta entrada porque creo que a divulgación, é dicir, que a música sexa coñecida por moita xente, é moi importante. Isto por un lado, e por outro, tamén é importante ver música en directo, non a través dunha pantalla, pois as sensacións producidas nos dous casos son completamente distintas. Ademáis, é bo coñecer os diferentes estilos musicais, xa sexa música electrónica neste festival e o arte multimedia, normalmente menos coñecido.

    • musog Says:

      Boa apreciación, Patricia. A música é para ser feita en directo, sexa cal sexa.
      Por certo, hai algún erro con algunha comiña que penso sobra no teu texto. Anímote a que penses cal é e mo comentes despois.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: