A escala pentatónica…

Existen moitos tipos de escalas, moi diferentes. As maiores e menores quizais sexan as que máis familiares vos resulten por escoitarnos falar delas curso tras curso, non? Pero ben seguro que algunha que outra vez tamén nos oiríades citar á súa curmá a PENTATÓNICA. É unha escala de tan só 5 sons entre os cales a distancia interválica mínima é dun tono, é dicir, non existen as famosas distancias de semitono que caracterizan a Mi-Fa e Si-Do; un dato máis, coas teclas negras do piano podemos interpretar melodías pentatónicas, melodías que se soe dicir “soan sempre ben”.

A verdade é que a música composta con este tipo de escalas ten algo especial, din que quizais é máis espiritual, a que toca máis ó corazón. Ó mellor unha exemplo práctico poden ser algúns dos estribillos ou frases principais de cancións de grupos ou artistas como Vangelis, que empregan as notas desta escala na súa construcción. Escoita o tema “Rachel´s song” da banda sonora de Blade Runner aquí, a ver qué che parece.

Supoñemos que o efecto que produzan na xente dependerá de cada un de nós pero o que ninguén pode negar é que dende a música de Oriente (Xapón, China…), pasando pola música africana, subindo cara a celta, alcanzando mesmo a dos indios Incas e norteamericanos e inspirando a músicos de jazz e blues, esta escala supón un dos rasgos esenciais e común en todas estas músicas e polo tanto fana merecedora dun pequeno homenaxe neste blogue.

No seguinte vídeo podedes ver un experimento do xenial Bobby McFerrin no que tenta demostrar cómo a escala PENTATÓNICA está fortemente presente no noso interior, como algo instintivo, como se nos viñera insertada por defecto. A explicación científica? Nin idea, pero estar está.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: