Xa vai alá o curso!

Xa rematamos, snif… Seguro que nos botaremos de menos, confesádeo, polo menos un pouco alá no fondo, jeje.

Onte tivemos o concerto de fin de curso e todo foi moi ben. Creo que os rapaces e as rapazas quedaron moi contentos e satisfeitos (a pesares de algún que outr@ comentar algún que outro erro) e eu tamén rematei encantada. Graciñas a todos os que colaborastes para que esto saíse tan ben, dende o primeiro ata o último. Esperamos poder publicar algún vídeo en breve para que vexades algunha cousiña.

E case nos podemos ir despedindo ata o próximo curso, aínda que vaiamos publicar dentro de pouco, jeje. Disfrutade das vacacións e a coidarse!

ATA PRONTO!

Advertisements

3 Respostas to “Xa vai alá o curso!”

  1. Se pensábades que o traballo acabara, enganástesvos: tendes aínda que escribir outra entrada no blogue; é a obriga por receberdes un presente que vos deixamos no blogue da biblioteca.
    Obrigada por este sitio.
    Abrazo

  2. Belén, Miguel, tedes que actualizar esto!
    Posiblemente me cambie este ano de centro e só dicir que vós botarei de menos.
    Para min vos fostedes ós mellores profesores de música que tiven 🙂
    Con Miguel volvin a sentir algo pola música e comezei a tocar a guitarra de novo cando había un ano que deixara de facelo. Disfrutei moito indo a excursión que organizara no estudio de grabación(por certo teño pensado ir unhas horas).
    Un ano maís tarde coñecin a Bélen. Grazas a ela abrironseme novos gustos polos distintos tipos de música que hai no mundo.
    E nada mais non vos enredo mais. Gustariame deixarvos duas cancións.
    A primeira e I am the highway. Encantame o solo do minuto 3:15

    Tom Morello é o meu guitarrista favorito desde xuño do ano pasado.
    E por ultimo para variar algo gustariame deixar esta bastante descoñecida canción rusa que vai especialmente dedicada a Belén(polo de que hai musica boa en todas as culturas e pode ser boa sen ser moi coñecida)

    • musog Says:

      Hei, Igor!
      Qué alegría saber de ti!
      Efectivamente temos que actualizar isto, eu mesma dixen que colgaría os vídeos de fin de curso e aínda non o fixen… merezo unha boa regañina, sí señor. Pero espero facelo en breves en canto comecemos a coller “ritmo” outra vez, nunca mellor dito, jeje.
      Moi bonitas as túas dedicatorias, graciñas de parte miña e de Miguel segurísimo que tamén.
      Seguirémonos vendo polo cole, iso espero, non?
      Bicos Fortes!
      Ah, e gracias tamén polas suxestións musicais.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: