Defensa da educación pública en Radio 3

Xa sabedes que neste blogue somos uns grandes oíntes de Radio 3 e que sempre alabamos a súa programación. Pois nesta ocasión temos que dárllelas gracias por ter feito unha defensa da nosa valiosísima educación pública. Foi no programa de Carne Cruda o pasado 21 de setembro co título de “La buena educación” que o equipo e o seu director Crudo bordaron coma sempre, coa súa sinceridade e acidez habitual metendo o dedo onde máis doe (mellor dito, onde a algúns máis lles doe) durante todo o programa e sobre todo na arenga coa que Crudo sempre nos deleita nada máis abrir a súa carnicería.

Nun momento no que certos sectores políticos e de opinión queren transmitir á opinión pública (e o peor de todo é que parece que o consiguen) que os profesores e profesoras nos queixamos de vicio e que tan só pensamos en nós mesmos. E por suposto que defendemos a calidade do noso traballo pero por enriba de todo a calidade da EDUCACIÓN PARA TOD@S, que xunto coa sanidade é do pouco que de momento sigue sendo de TOD@S.

Animádevos a escoitar o podcast (aquí) porque non ten desperdicio e de paso escoitaredes cortes musicais moi interesantes como o tema “O coro dos nenos distintos” do grupo de hip-hop galego Dios ke te Crew, pertencente ao seu último disco Homenose.

Por unha educación integradora, igualitaria e para tod@s: DEFENDAMOS O ENSINO PÚBLICO.

 

Advertisements

Unha resposta to “Defensa da educación pública en Radio 3”

  1. Creo que toda esta situación xa se está escapando das mans dos políticos e non podemos tolerar isto máis. Ou espabilamos ou van mexar riba de nós.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: