Guitarras Gibson, talando a selva?

Gibson é unha das marcas de guitarras máis coñecidas e prestixiosas do mundo. Hoxe tamén son noticia pero por algo bastante desagradable, ao parecer a madeira que empregan para a fabricación de guitarras provén de talas ilegais en lugares da India ou Madagascar. Tendo en conta o caras que son estas guitarras xa podían facer as cousas ben en tódolos aspectos e por outra banda, aqueles interesados e interesadas en mercar unha Gibson lles esixan dende agora o mesmo que á xente que traballa con madeira se lles esixe: un certificado que garanta que dita madeira provén de talas controladas e legais.

Anímovos a sumarvos á protesta acudindo ó este link de salvalaselva.org. Firmade!

 

 

 

Advertisements

2 Respostas to “Guitarras Gibson, talando a selva?”

  1. Sabela Al-Soufi 3ºA Says:

    Sen dúbida ésta é a noticia que me gustaría comentar, levaba lidas xa moitas pero esta sorprendeume ao instante.
    Paréceme incrible que unha marca desta categoría e fama a nivel internacional use madeiras ilegais, e aínda máis que o volva intentar despois de levar xa un aviso fai un par de anos. Pero tamén o que me fai pensar é se a fama e calidade destas guitarras se deba a que estas árbores tropicais fanlles ter ese son especial e por iso non deixen de utilizalas. Porque probablemente outros tipos de madeiras legais sexan máis baratas que comprarllas a unha mafia que as tala ilegalmente. Polo que penso que, se ésta é a razón do seu uso, deberían atopar unha solución para que as guitarras sigan tendo a misma calidade, pero sen perxudicar ao medio ambiente.
    Por outro lado dicir que encántame o voso blog e o visito regularmente. Fixome coñecer artistas que agora son dos meus favoritos, como Bobby Mcferrin. Moitas grazas!

    • musog Says:

      Moitas grazas polo teu comentario Sabela.
      E só unha pequena apreciación: onde dis “o voso blog” poderías dicir “o noso blog”, porque a intención é precisamente esa, que sexa de todos, profes e alumnado especialmente (ademais de calquera que se pase por aquí, aos que recibimos encantados). E para iso a mellor recomendación é a que ti predicas: visitalo regularmente e enriquecelo coas vosas achegas. Deste xeito tamén nós nos animamos máis a seguir buscando cousas que contarvos.
      Grazas!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: