20 anos sin FREDDY MERCURY

Poucas figuras da historia da música deixaron tanta pegada. Freddy Mercury foise cando todavía tiña moito que dicir, aínda que él consideraba que xa o tiña vivido todo, que a súa vida ata entón fora plena; quizais iso déixanos un pouco máis tranquilos.

Foi unha das maiores figuras da música rock, unha das mellores voces da historia da música popular e dende logo un dos personaxes máis carismáticos e singulares. Poucos consiguen ter no escenario a súa presencia e dinamismo, conseguindo encender a un estadio reventado por miles de persoas. Todo iso foi o que o fixo diferente, especial e por iso será recordado sempre, alguén así nunca pode caer no esquecemento do paso do tempo.

Morreu un día despois de comunicar publicamente que tiña a SIDA, á idade de 45 anos. O vídeo recordatorio que agora vos ensinamos foi calificado como un dos mellores concertos en directo da historia do rock, nel podedes observar as poucas características que de Freddy Mercury comentamos previamente. Disfrutádeo e Viva Freddy!

Advertisements

16 Respostas to “20 anos sin FREDDY MERCURY”

  1. Jorge Tojeiro Formoso Says:

    Na miña opinión, e supoño que na de moitísima xente, Freddy Mercury foi dos mellores músicos da historia, xunto ao grupo Queen, xa que entre eles todos puideron facer temas que nunca na historia da música olvidaranse. A voz de Freddy é espectacular, e grazas ás letras das suas cancións moita xente puido experimentar diferentes e impresionantes sentimentos escoitando as súas letras é a musica que as acompaña.
    En definitiva, que foi dos mellores músicos da historia, e é unha pena que tivera que deixarnos a esa temprana idade, xa que aínda quedábanlle moitísimos anos de grandísimos concertos, e grandísimas e impresionantes novas composicións.
    Nunca se lle esquezerá. Viva Freddy.

  2. Noé Vila Says:

    Freddy! *-*
    Según vin esta entrada no voso blogue eu xa dixen que o meu comentario iría hacia aquí. Este home estou convencido de que marcou a música a súa voz é espectacular e as canción de Queen teñen unha cousa, non sei en concreto que, pero que fan que se lle suban a un os ánimos, o que me parece incríble é que despóis de vinte anos da morte deste gran home a súa música séguese escoitando en todas as idades, pero dado ao bos que eran non me estraña nadiña, a canción que máis me gusta deste grupo é a de:

  3. María Iglesias Díaz Says:

    Freddy Mercury paréceme un dos grandes da música .
    Moi poucos conseguiron o que el , porque facíase notar a súa presenza no escenario e transmitía unha enerxía e unhas ganas de pasalo ben que era imposible non deixarse levar pola súa música e bailar.
    Vinte anos despois da súa morte , cancións míticas de Queen , como ” We are the champions ” ou ” Don´t stop me now ” seguen a escoitarse na actualidade , cousa que non me estraña , porque unha figura como Freddy Mercury sempre quedará no noso recordo por moitos anos que pasen .

  4. Celtia Domínguez Fernández Says:

    Na miña opinión a morte de Freddy Mercury foi unha das maiores pérdidas na historia da música, sobre todo cando penso na cantidade de grandes concertos que lle quedaban por dar. Dende logo tiña algo especial, non só unha voz increíble senón tamén unha presencia escénica e unha capacidade de transmitirlle ao público as súas ganas de vivir e de pasalo ben realmente asombrosas.
    Sen dúbida é un dos grandes e nunca deixará de selo por moitos anos que pasen.

  5. Max 4º Says:

    ”Sempre se van os mellores..” a vida é inxusta en moitos casos, deixounos, sen un dos mellores artistas, na miña opinión, dentro da historia do rock. Foi un símbolo para os homosexuais porque grazas á súa fama, conseguiuse que os homosexuais tuveran máis dereitos. Deixou unha gran pegada na música, no seu paso polo famoso grupo, ”Queen”.
    Grazas pola túa música, Freddy.

    • musog Says:

      Freddy Mercury foi un símbolo pero hai moita controversia arredor da súa figura xa que moitos opinan que en realidade mantivo durante moito tempo oculta a súa orientación sexual e tamén a súa enfermidade (o VIH) ata case o final da súa vida. El sempre o considerou a súa privacidade e polo tanto ninguén tiña dereito a entrar aí. Quen sabe, é difícil opinar. Pero sí creo que a consecución de máis dereitos para os gays é posterior a el.
      Unha corrección se mo permites, creo que na primeira frase empregas demasiadas comas. Eu eliminaría algunha.

  6. Grande Freddy!
    Comento aquí, porque en canto vin esta entrada, foi como escoitar calquera das cancións del. Un dos máis grandes, xa que a un nivel tan alto difícelmente sabemos quen é o mellor.
    No escenario daba sempre o 120% das suas capacidades que o levaron ao estrelato, sobre todo esa voz perfecta que tiña.
    Coa sua marcha por anticipado no tren do VIH, deixou a sociedade de capa caída, pero a sua lenda quedou gravada para a historia.
    Freddy, xenio e figura ata a sepultura.
    D:E:P:

    • Manuel Estévez Says:

      O mellor cantante de rock. Ninguen foi capaz de engatusar coa súa música a tanta xente coma o grupo de Queen e a voz deste gran cantante, e despois de morto todavía e considerado un dos mellores cantantes de rock da historia. Escoitar unha cancón del é coma vover o pasado para os que poideron escoitalo en directo e para imaxinalo os moitos dos fans deste gran cantante. Increíble este gran cantante e increíble esta gran banda

  7. Freddy eres o mellor!
    Comento esta noticia porque Freddy merece isto e moito máis. Para min foi o mellor cantante de rock de toda a historia porque capaz de transmitirlle ao público as súas sensacións. Algunha das súas cancións son We are the Chmpions ou Don’t stop me now. Era o cantante do grupo Quenn e morreu con 45 anos depois de anunciar que tiña o SIDA.
    Sempre te recordaremos, Freddy.

  8. Jorge Combo Says:

    Para min, sin duda algunha, a mellor voz que deu o rock, o cantante máis carísmatico e era un experto showman, que metía o público no bolsillo. Coa su potentísima voz, e súas expertas improvisacións vocais facía cantar o público, non creo que haxa ninguén como él, ademáis no escenario vivía cada segundo, nos seus famosos bailes co seu micrófono, a xente alucinaba. Que dicir máis de él, para min o mestre da música rock.

    Esto, é a miña humilde opinión e sei que non todos estarán de acordo conmigo pero para min é, como dixen antes, a mellor voz que deu o rock.

  9. Pablo Dapena Fernández Says:

    Uno non pode deixar de preguntarse que sería de Freddie Mercury, John Lenon, Michael Jackson, si se lles houbera dado a oportunidade de brillar aínda un pouco máis… mais como dicen… as estrelas que máis brillan tamén serán as que se apagarán máis cedo.

  10. Miguel Escarda Says:

    Freddie Mecury e un grande da música rock de toda a historia a parte de ter unha voz case inigualable recordo que cando era pequeno e meu pai poñíame música a que máis me gustaba era esta mesma peza . Foi unha pena ue tivese VIH porque senón aínda podería ser unha das figuras máis importantes do rock do momento.
    Grazas pola túa música Freddie.

    • musog Says:

      Vexo que o bo de Freddie segue a levantar paixóns (cousa que persoalmente me encanta, debo recoñecer).
      Grazas polo comentario Miguel.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: