Patrimonio Inmaterial da Humanidade, 2011

(Esta entrada tiñamos que tela feito no pasado ano pero os apuros de fin de avaliación fixeron que o retrasáramos ata hoxe. Mellor tarde que nunca.)

Un ano máis a UNESCO elevou á categoría de Patrimonio Inmaterial da Humanidade dous exemplos de músicas do mundo ben coñecidas: o mariachi e o fado. No ano 2010, recordaredes, tocoulle ó flamenco.

Dende México e Portugal chegan estes sons tan característicos e recoñecibles para todos, importantísima mostra cultural da tradición destes dous países. Se queredes saber algo máis destas músicas universais podedes visitar os vídeos promocionais que a continuación vos presentamos e aproveitar para viaxar cara outros mundos sonoros. 


Advertisements

6 Respostas to “Patrimonio Inmaterial da Humanidade, 2011”

  1. María Limeres Says:

    Yo he escojido el vídeo de la cantante Janelle Monae, porque me pareció interesante porque no es un videoclip común ya que un videoclip suele ser en un espacio, con distintas cosas y personas que hacen determinadas acciones, en cambio este vídeo solo se ve la cara de la chica y como expresa sus emociones mediante los gestos de su cara. como por ejemplo cuando dice Ooooooh mueve la cabeza para un lado, y grita, y llora, etcétera.

    • musog Says:

      É que ás veces as cousas sinxelas transmiten moitísimo máis que as grandes produccións, é verdade. O que non entendo é que o teu comentario sobre Janelle Moane apareza noutra entrada distinta?!
      Igualmente, se mo permites, gustaríame comentar algún erro do teu texto en canto teñamos ocasión. Vémonos, entón.

  2. David G. 3ºD Says:

    Son dous tipos de cancións moi bonitos, representan a cultura do seu pobo polo que non me estraña que a UNESCO os declarara Patrimonio Inmaterial da Humanidade.
    Gustaríame que na clase indagaramos máis nas músicas como o fado xa que non soan moito aos xóvenes de agora, incluído eu mesmo que acabo de descubrila.

    • musog Says:

      Alégrame que che gustasen, sempre é xenial descubrir novas músicas. Pero moito me temo que o fado non entra no noso temario, é tanto o que deberíamos abranguer e tan pouco o tempo do que dispoñemos… De tódolos xeitos sempre podes seguir investigando, hai grupos moi bos (Madredeus, por exemplo) e cantantes marabillosas, como María do Ceo, así que anímate a botarlles unha orella!

  3. Adrián Escolante 2ºB Says:

    Eu escollín os mariachis porque os meus pais escoitaban esa música dende que eu era pequeno. A canción que aparece nos primeiros segundos recordame moito as festas as que ía candoera pequeno. É un estilo musical que en España non se coñoce moi ben pero seguro que todos coñecemos o estribillo de algunha. Recomendo escoitar esta canción http://www.youtube.com/watch?v=9ZEURntrQOg&feature=related é unha das miñas favoritas.

    • musog Says:

      Boas Adrián,
      Moitas veces os gustos dos nosos pais nos condicionan, verdade?
      A canción que nos suxires gústame moito, xa a coñecía. Paréceme curioso que che guste un grupo dos anos 70 coma os Turtles, quizais non dos máis populares. Tamén é un grupo dos teus pais ou descubríchelo ti mesmo?
      Por certo, hai un par de erros no teu texto, anímote a que os atopes e me respostes comentándomos. Ánimo!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: