Flashmob clásico

A Wikipedia define o “flashmob” como unha acción organizada na que unha grande cantidade de persoas se reúne nun lugar público e realiza unha acción inusual para desaparecer inmediatamente despois.
O feito de ter recurrido á Wikipedia nesta ocasión non é casual: por unha banda destacamos así o recente deste fenómeno (o propio artigo data as orixes destas manifestacións no ano 2002). E por outra poñemos de manifesto o seu apoio nas novas tecnoloxías, xa que as canles de comunicación máis frecuentes para “organizar” este tipo de encontros son a Internet e a telefonía móbil.
Os flasmob resultan encontros moi chamativos, e por iso téñense usado con fins propagandísticos ou reivindicativos.
Hoxe invitámosvos a ver o que a Orquestra Filarmónica de Copenhage realizou na Estación Central da súa cidade.
A obra elixida, o célebre “Bolero” do compositor francés Maurice Ravel, resulta unha elección moi acertada. Esta obra xoga con dous elementos da música: o timbre e a intensidade. O xogo tímbrico consiste en repetir dúas sinxelas ideas musicais moitas veces, variando os instrumentos que a interpretan; o xogo de intensidades consiste nun progresivo e longuísimo crescendo, un gradual incremento de intensidade que leva dende o pianísimo inicial ao fortísimo final. E todo isto co insistente ritmo de bolero interpretado pola caixa (e outros instrumentos) de principio a fin.
Para conseguir os efectos descritos, os instrumentos vanse incorporando moi pouco a pouco, de xeito case individual; e isto é o que motiva a sorpresa dos espectadores que ven como ó intérprete da caixa e mais ao “colega” que lle vai marcando o ritmo se van unir sucesivamente unha frautista, uns violinistas, o fagote, os cellos, o clarinete… ata formar toda unha orquesta sinfónica que desaparece como por arte de maxia ao se extinguiren os ecos do acorde final.
Pareceume un vídeo en verdade fermoso, e un xeito máis de tratar de achegar a música clásica ao público. E por iso volo deixo aquí, xunto co agradecemento a Áurea Castro, a profe de Ciencias que malia a estar xa xubilada se acorda de nós e nos envía de cando en vez bonitos regalos coma este.

Symphony Flash Mob – Copenhagen Central Station

Grazas Áurea.
e a vos… que vos aproveite!!! 

Advertisements

4 Respostas to “Flashmob clásico”

  1. Uxía Crende Says:

    Pareceme unha gran maneira de levar a música clásica,tan descoñecida pola maioria da xente,a un lugar tan transitado como unha estación.A peza interpretada pareceme moi bonita,con moitos cambios,sobretodo de intensidade que a fan moi interesante para o público e de seguro que a moita xente que a escoitou e naquela estación sen esperalo e quedou tan sorprendida,lle espertou interés por ese xénero de música.

    • musog Says:

      Efectivamente: este tipo de accións están de moda e con elas parece que se nos di que se o público non vai ás salas de concertos, os músicos irán ao encontro co público. E realmente ver en directo como as músicos aparecen, tocan e se esvaecen coma pantasmas debe ser todo un espectáculo.
      Grazas polo comentario.

  2. Uxía Crende Says:

    A ver si aqui en España toman nota e fan algo parecido,pareceriame algo moi interesante e de seguro que a xente lle gustaria moito.

    • musog Says:

      Por suposto que tamén temos exemplos en España, Uxía. Proba a buscar por exemplo “ópera en el mercado” e verás un flashmob con arias da “Traviata” en pleno Mercado Central de Valencia. En ocasións o ritmo sufre por causa da reverberación do local (entre outras cousas), pero é estupendo fixarse nas caras de sorpresa e admiración do público. E seguro que hai moitos máis. Non hai moito recibín no correo unha actuación semellante nunha cafetería en San Sebastián.
      Saúdos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: