Ata sempre, Etta.

Este venres morreu Etta James, á que adicamos unha entrada non fai moito tempo.

Entereime o sábado cando eu esperaba escoitar un especial de Dina Washington no programa de Radio3 “La madeja”  e no seu lugar estaban a falar de Etta. E durante todo o día de onte na mesma cadea estiveron a recordar a esta figura agora lexendaria pero nunca valorada como se merecía en vida. Isto ocorre moitas veces, por desgracia.

Aquí podedes escoitar o podcast do programa antes mencionado, moi interesante e entretido.

En fin, para quen non a coñezades animádevos a escoitala porque foi, é e sempre será unha raíña do soul, das baladas, do R&B… O seu ruxido quedaranos para sempre, nas súas cancións. 

Ata sempre, Etta.

QUÉ GRANDE!

Advertisements

6 Respostas to “Ata sempre, Etta.”

  1. Borja 4ºC Says:

    Paréceme moi interesante esta entrada pois nesta, tócase un tema moi importante no mundo da música. Na maioria dos casos, dáselle unha importancia especial a todos os grupos e cantantes comerciais, xa sexa porque aparecen máis a miúdo na televisión, nunha cadea de radio coñecida…Pero, deberiamos mirar máis aló e intentar coñecer grupos e cantantes que non só sexan valorados por ser comerciais; se non que sexan valorados por outros aspectos máis importantes na música.

    • musog Says:

      Estou dacordo. Pois este blogue é un lugar interesante para escoitar cousas que non encaixan precisamente no perfil de comerciais. Anímote a seguir buceando por aquí e así descubrir novos sons.
      Ah, ollo con algún erro de puntuación, a ver se o atopas!

  2. Rita3D Says:

    Me parece impresionante la voz de Etta James, canta como si no les costase trabajo, además ese toque blues y soul de la canción la hace muy pegadiza.

  3. Alejangro G. (2ºB) Says:

    Sen dúbida estamos ante unha das voces máis prodixiosas que polo menos eu, tiven o gusto de escoitar, aínda que fosen poucas veces. Este personaxe morreu fai pouco aínda, o 20 de xaneiro de este mesmo ano. Eu xa tiña escoitado algunas das súas interpretacións porque oíra falar dela na televisión e na radio, de cotío. Acabo de ler na entrada que fai interpretacións de soul, R&B, etc. Encántame ese tipo de música, e máis se está acompañada cunha boa voz, coma neste caso. Repito, a min este tema encántame, pola claridade da voz, polo tipo de música que xa me gustaba, por ela, que é unha gran cantante, aínda que nunca foi moi recoñecida, eu penso que inxustamente.

    Aquí deixo outra das súas cancións que fala do amor,e remato xa; ata sempre, Etta.

    • musog Says:

      Graciñas pola canción que suxires, é tan fermosa…
      Gústame saber que un rapaz da túa idade coñece a Etta James, non soe ser o habitual. En que radios soes escoitala?
      Por certo, tomeime a liberdade de correxinche a expresión “de cotío”, que agora aparece no teu texto ben. Tamén cometes algúns erros de puntuación que sería bo que tentases mellorar en próximos traballos.
      Gracias, Alejandro.

  4. Estela Lombao Says:

    A morte de Etta foi realmente unha desgracia, xa que na miña opinión era unha das mellores voces femeninas. Creo que foi unha gran muller, non só polo seu gran talento senon tamén por loitar contra todas as enfermidades que padeceu.
    Estaría ben que todos escoitaran unha canción tan maravillosa como esta, apreciaran o seu gran talento e recordarana sempre como unha das máis grandes.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: