Fermosas palabras.

Mañá, durante o recreo e na biblioteca, varias alumnas e alumnos de 1º de Bacharelato lerán fermosas palabras de fermosos poemas adicados ó amor. Ademais, ó parecer haberá ambientación musical a cargo dun dos nosos alumnos, o guitarrista Jorge Tojeiro; así que haberá que pasar para degustar este momento literario e musical.

Gustaríame tamén aproveitar esta entrada sobre fermosas palabras para falar de algo que cando menos resulta curioso: as discográficas EMI e SONY son as donas dos dereitos de copyright do famoso e universal discurso de Martin Luther King, pronunciado no 1963 ante miles de persoas en Washington proclamando a igualdade de tódalas persoas e o desexo de fraternidade entre elas. Aquel discurso contiña unhas fermosísimas palabras que comezaban así “I have a dream”; pois nos últimos días a Rede vén de mobilizarse para conseguir que ditas palabras sexan LIBRES xa que de feito están suxeitas a unha “escravitude” en mans desas dúas compañías, o que contradice a idea de universalidade de quen as dixo.

Os vídeos do discurso de Martin Luther King cada vez están máis controlados e restrinxidos na Rede por EMI e SONY ao considerar que debemos abonarlles cartos para poder escoitalos e isto choca con todo sentido de liberdade ou intención pedagóxica e educativa.

Se queres firmar e unirte a esta causa, diríxete a este link. E mentras aínda nos quede tempo, aproveita e escoita o discurso.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: