Involución musical

Cando explicamos a historia da música e dos instrumentos musicais sempre xurde o concepto de economía ou practicidade, según se mire. A que nos referimos? Pois a cómo a evolución dos instrumentos fixo que aqueles que precisaban de máis dunha persoa para ser interpretados se foran perfeccionando para que un só individuo fixese o papel que antes facían varios; é o caso da batería: nace desmembrada dentro das bandas militares; ó xurdiren as primeiras bandas de jazz os músicos deciden agrupar tódalas súas partes e que unha soa persoa sexa quen as toque, economizando claramente na man de obra pois o salario que se debía repartir entre catro (por tocar cada unha bombo, caixa, pratos ou timbais) agora se reducirá a un.

Pois parece que a algúns lles parece moi interesante dar uns cantos pasos atrás (en canto a técnica se refire pero dende logo non en creatividade e orixinalidade) e facer que unha guitarra sexa interpretada non por dúas persoas, nin tres, nin … CINCO persoas, nada máis e nada menos son as que tocan neste precioso tema que aquí vos presentamos e que debemos dar gracias por telo coñecido a Rosa, que sempre nos sorprende con cousas curiosas e interesantes. 

Abride as orellas e fixádevos no que fai cada un: percusión, baixo, acordes, melodía… todo colle! E a cara chea de profunda reflexión do intérprete con sombreiro é un poema, moi acorde co que a el lle corresponde tocar.

Advertisements

13 Respostas to “Involución musical”

  1. Ignacio Ozores Mosquera Says:

    Me gusta mucho como cada uno esta pendiente de lo que tiene que hacer, a pesar de ser dificil, de ponerse de acuerdo cuando entrar a tiempo, en tan poco espacio, con tanta gente… pero les ha quedado muy bien, tenemos que probar algo así Belén.

    Por si os interesa esta canción es de Goyte

    • musog Says:

      Xenial, pois pensade algo, propoñede o que queirades. Xa sabedes que estou desexando que saian ideas de vós, iniciativa e imaxinación!
      Para empezar, podes aportar o que queiras coas peciñas de AUGA que estamos a montar, será un pracer que o que propoñas forme parte desas pezas. Tanto ti coma o do resto da clase podedes suxerir o que queirades.
      Un pracer atopar o teu comentario! (e un 0,1, algo é algo, non?)

      • Ignacio Ozores Mosquera Says:

        jajajaja Pues hablare con los de clase para ver si pensamos algo, o si sacamos alguna idea de internet que allí hai de todo.

        siempre esta bien hacer estas cosas, por lo menos a mi me gusta bastante.
        gracias Belén

      • musog Says:

        Ben, ben! Pero non vos esquezades que tedes pendente facer a coreografía reggae, así que podedes lucirvos bastante que tedes moita arte. E xa sabes o que penso, que algúns de vós tedes moito talento para as artes escénicas e creo que iso hai que aproveitalo, se encima se disfruta qué máis se pode pedir!
        Aí vos vai unha dirección por se queredes botar un ollo: http://www.esadgalicia.com/glg/portada.php (a Escola de Arte Dramático de Galicia).

  2. Yago Fernández Carro Says:

    O.O
    Xenial!!!, maravilloso!!!, facía bastante tempo que non vía algo tan estupendo e orixinal.
    Non coñezo a este grupo, pero informeime en google acerca del e pensei como non había oido falar del coas maravillosas e orixinais cancións que fan. De sobra sei que 50 palabras non chegan para describir este tema, por iso alargareime un pouco debido a que vou citar as miñas observacións acerca deste tema:
    1º.A forma na que tocan, esa compenetración fan o vídeo gracioso e singular, xa que o que o está vendo está a percibir unha sensación totalmente nova.
    2º.Gustoume tanto este grupo e enganchoume tanto o seu ritmo que(chamádeme simple) máis non puiden facer outra cousa que indagar e descubrir outro vídeo deste grupo tan asombroso. Aquí volo deixo.

    Maravilloso. Saludos de Yago Fernández Carro.

    • musog Says:

      Encántame o vídeo que suxires, boísimo, divertidísimo, o do pucho sigue impertérrito, jajaja! Graciñas, porque non o coñecía.
      Moi bo o teu comentario, alégrame que che gustase tanto. A ver se así vos animades a pasar máis por aquí, creo que sempre vos suxerimos ou ensinamos cousas moi interesantes. E por que te imos chamar “simple”? Para nada, simple sería quedarse aí e non buscar, non curiosear e creo que ti non es precisamente así.
      Só unha cousiña, se mo permites: coidado con algunha faltiña de ortografía co galego; se queres podemos comentalas. Polo demais, moi ben!

      • Yago Fernández Carro Says:

        Jeje, a min tamén paréceme gracioso o señor do pucho.
        Claro que podemos comentalas, xa que o que máis costoume foi o de comentar en galego, jeje. Moitas grazas por publicalo, gustame moito este blog e voto por que siga crecendo 🙂

      • musog Says:

        Gracias, Yago! Xa falaremos, entón.

  3. Sofía Trigo Says:

    Grandísimo video que da paso a que a nosa imaxinación e gañas de innovación traballen un pouco, xa que parece que vanse deteriorando lentamente. Este video é un grande exemplo de que se queremos podemos facer as cousas por nós sos, pero do mismo modo, tamén podemos facer algo aparentemente sinxelo (para todos aqueles que xa saben) entre moitos. E por suposto, un exemplo máis de que onde caben un ou dous, pois xa postos.. caben cinco !
    A seguir innovando, que despois de ver estas cousas, parece que entran gañas de poñerse a imaxinar.

  4. Uxía Vázquez Says:

    Fabuloso, penso que non hai moito máis que dicir.

  5. Lara 3ºA Says:

    Me ha encantado este video ya que me parece asombroso lo que hacen estos chicos. Es la primera vez que veo algo así y me ha sorprendido porque yo estoy empezando a aprender a tocar la guitarra y ya me parece lo sufiecientemente complicado. Para mi simplemente el hecho de que varias personas toquen una guitarra,ya me parece fascinante, independientemente de la música sea buena o no (desde mi punto de vista). Ver este video, me ha motivado para no dejar nunca de tocar la guitarra y aprender cada día más 🙂

  6. Juan cobas 2º ESO B Says:

    Resulta sorprendente la compenetración entre los cinco, y las diez manos. Los chicos no se miran entre ellos. Creo que hay que sentir mucho la música y ensayar mucho para conseguir una compenetración así. También me encanta el estilo musical y las voces. Es ingenioso. Yo siempre apuesto por las novedades.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: