Emocións

Primeiro vede o seguinte vídeo e despois seguimos falando:

Quen é? Janelle Monae, unha cantante estadounidense que poderiamos situar no R&B, funk ou mesmo niso que chaman neo-soul.

Por que poñemos este vídeo? Pola sinceridade das súas emocións, que fan tan especiais estas imaxes.
Na gravación do videoclip da canción “Cold War” ocorreu o que acabades de ver: era a primeira toma de gravación que facían e ocorreu que ela se perdeu (imaxinamos…) reaccionando como reaccionou; non sabemos se as bágoas posteriores son en parte consecuencia dese momento ou soamente un xeito de interpretar ou expresar a letra. O resultado foi tan fascinante que decidiron deixar esa primeira e única toma como o videoclip oficial do tema; quizais porque era a mostra máis sincera dela mesma, a desnudez do seu carácter que nos atrapa.

E se é así é porque iso é o que ela quere expresar, sinceridade na súa música, sen grandes artificios nin na voz (ten unha grandísima voz) nin na escenografía. Ela mesma. Non precisa de contoneos sexuais (tan de moda…), vestiario de luxo e suxerente ou gorgoritos imposibles nas melodías para demostrar que é unha estrela; como din por aí, que se preparen Beyoncés ou Rihannas!

E cómo baila! Cun estilo que recorda tanto ó gran James Brown pero con delicadeza feminina e un toque persoal, tan pequena como é movéndose cunha enerxía funky incrible. Mirade e a bailar!

Chea de personalidade, os traxes “smoking” danlle un aire retro e elegante moi interesante e co seu gran tupé non ten nada que envidiar ó da finada Amy Winehouse. E sí, isto e o máis trivial pero tamén importa porque é diferente ás demais, non precisa de nada para lucirse, ten o seu propio estilo e iso é o que a fai tan fermosa, especial.

Advertisements

19 Respostas to “Emocións”

  1. Gústame, gústame moito…

    • musog Says:

      Xa sabía eu que isto a ti che encantaría, jeje. Nótase que a rapaza adora a James Brown, non?
      Bicazos!

  2. Aby Veiga Says:

    Me gusta mucho esta entrada y me parece fascinante Janelle Monae tiene una voz increíble y ademan en el videoclip me pareció interesante la manera de montarlo ya que muestra a ala chica como es sin ningún tipo de decorados,trajes, o coreografías complicadas como en la mayoría de los demás videoclips

    • musog Says:

      Sí. E viches o resto dos vídeos dela? O concerto en directo é incrible, menuda marcha a de toda a banda, disfrutan e fan disfrutar.

      • Aby Veiga Says:

        si, vi todos los vídeos del blog mas unos pocos que busque ya que me paree fascinante como canta, y como baila

      • musog Says:

        Esquecino: se mo permites, intenta mellorar os signos de puntuación e algún que outro acentiño, dacordo? Polo demais, ben!

  3. Maria Rodriguez Ele Says:

    Esta entrada me ha llamado la atención, este vídeo lo vimos en clase y no lo pude ver con tanto detalle, pero ahora escuchando la letra me da la sensación de que la chica habla de la fama o algo por el estilo, porque por lo que entendí dice que es una guerra fría (supongo que sin sentimientos) que en la cima estas sola (cuando cruzas al otro lado dice) y bueno , también habla de que es fácil caer en la depravación etc, no se, a lo mejor se emociono al recordar todo lo que ha pasado para llegar hasta allí y rompió a llorar, quien sabe… solo es mi opinión. Aparte tiene una voz increíble, y se le entiende perfectamente que eso es muy importante para no convertirse en una Shakira jajaja. Parece que puede llegar muy lejos, y espero que no se convierta en un producto musical como todas las grandes…

    • musog Says:

      María, paréceme que fas unha análise moi interesante do vídeo. Gústame. E comparto a túa opinión con respecto a Shakira, en fin, xa se sabe que por desgracia en moitas ocasións o contido perde importancia e só nos quedamos no superficial.
      Só unha última cousiña: gustaríame comentar algunhas faltiñas de ortografía contigo en canto teñamos ocasión, paréceme importante. Estás dacordo? Pero en xeral, moi ben!

    • musog Says:

      Gústame o teu comentario, María. O que non me gusta tanto son as faltas de ortografía que cometes, creo que terías que revisalo texto e gustaríame que me enviases unha resposta coas correccións. A ver se atopas os teus erros, ánimo!
      Penso que é moi importante e de paso aprendemos dos nosos fallos para próximas ocasións.

  4. David Prado Says:

    Gustáronme moito os tres videos de esta cantante estadounidense, a verdade fascinoume. O que máis me gustou foi o directo, moi bo ! E a anecdota que contades da cantante na sua primeira gravación tamén me pareceu interesante, ao final aproveitei para mirar máis cancións de esta cantante e a verdade gustoume moito, por exemplo “many moons” que xa esta soando no meu Mp3. Graciñas !

    • musog Says:

      Pois xa sabes, a seguir mirando o blogue que probablemente atopes máis ideas coas que cargar o teu Mp3. Alégrame moito axudarvos a descubrir novos sons.
      O que non me alegra tanto son algunhas faltiñas de ortografía que cometes pero solucionarémolas seguro nun momentiño, vale? Falamos!

  5. Aby Veiga Says:

    La verdad es que estoy de acuerdo con Maria la chica tiene como antes dije una voz fantástica y lo mejor de todo es que vocaliza y se le entiende perfectamente cosa que a muchos otros cantantes no sucede.

  6. José Luís López Rodríguez Says:

    Esta chica Estadounidense tiene una pedazo de voz, pero además, tiene su propio estilo. Me encantaron los tres videos, cada uno por un motivo diferente: el primero porque emociona, porque es un primer plano y eso no suele hacerlo ningun cantante; el segundo por el vestuario y el baile ya que se nota que no se deja influenciar, que tiene su propio estilo; y el tercero porque es un directo, por la originalidad del vestuario y porque..¡la banda no pierde las ganas de fiesta! jajaja.

  7. Alejandro C. 3ºD Says:

    Gústame moito. Recórdame a Adele, As dúas teñen unha voz incrible. Creo que foi unha decisión acertada a de deixar esta gravación como vídeo oficial. Sen ese “erro” de Janelle o vídeo xa sería moi bo. É moi sinxelo, só se ve a cara, non hai vestiario raro, nin coreografía…a expresividade da súa mirada, o ladear da cabeza, o fruncir do entrecello…todo está en relación co sentimento da canción (por certo, enténdense moi ben a letra!!!). Mais despois dese involuntario? “erro ” penso que o vÏdeo é moito mellor. Janelle parece esquecer eses movementos ensaiados (cando abrir e pechar os ollos, cando fixar a mirada, cando ladear a cara….). A emoción parece moito máis real, a súa ollada é máis sincera, máis espontánea. Se te fixas na letra da canción , as bágoas esvaran pola súa cara cando di “bye, bye, don’t you cry when you say goodbye”. Non sei se de verdade foi un erro porque o resultado non podería ser mellor.

    • musog Says:

      Bo comentario, sí señor.
      Teño que confesar que me sorprende que entendas ben a letra, refíreste a que a seguías co texto diante mentras escoitabas a canción? OU realmente eres capaz de entender o que di? Aclárame esta dúbida, por favor.

  8. Laura Taboada Says:

    Esta es la entrada que más me llamó la atención, me parece que Janelle Monae tiene una voz increíble, y su forma de moverse es alucinante. En el primer vídeo lo que me comunicó fue que mostraba sus sentimientos tal y como le venía, que la música significa mucho para ella, me extrañó una cosa, y es que solo se le veía la cara. En el segundo vídeo me llamó mucho la atención que tanto los hombres como las mujeres iban vestidos iguales, la forma de mover los pies, el cuerpo, la cadera. Realmente estos vídeos me encantaron.

    • musog Says:

      Graciñas, Laura, polo teu comentario.
      Eu creo que o feito de que só se mostre a súa cara é precisamente por iso, porque o importante é ela e o que expresa, nada máis.

  9. Laura Taboada Says:

    Ya, por eso mismo me gusta tanto esta canción porque no necesita ni vestuario ni ningún complemento para llamar la atención de la gente, simplemente con su voz llega.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: