Xogando co ritmo!

Este é outra ollada que vos deixamos botar nalgunha das nosas clases, esta vez cunha proposta máis rítmica. Ó mellor disto sae algunha outra cousa máis perfeccionada, a ver qué pasa.

Ah, Canal Musog!

Advertisements

18 Respostas to “Xogando co ritmo!”

  1. Pois ben, paréceme moi interesante facer exercicios de ritmo xa que nos sirven para aprender a coordinar as partes do noso corpo. Na miña opinión todo o mundo debería facer exercicios deste tipo. O ritmo , tamén debemos aprender a sentilo, no noso interior, xa que con el, en nós, poderemos apreciar, cousas de vida, que antes despreciabamos, e así, entender mellor os porqués da música.

    • musog Says:

      Carai, que reflexión! Se todo o mundo pensase coma ti a música dende logo ocuparía outro lugar na educación.
      Se me permites unha corrección, creo que deberías revisar a cantidade de comas que empregas, penso que son demasiadas e fan difícil de ler o teu texto. Pénsao!

  2. Esteban García Prado Says:

    Este vídeo esta genial . Me interese por este vídeo para hacer el comentario que mandaste , porque nosotros en clase también hacemos un poco de ritmo , aún que sea un simple te-chinchas o un chincha-te . Este tipo de actividades son las que me parecen que de verdad están relacionadas con la música , creo que este tipo de actividades se deberían hacer desde primaria , aunque fueran simples , porque de esta manera a la gente le interesaría más la música y no le parecería un tostón . Me parece increíble lo que se puede hacer con unos palos , o con una mesa normal y tu propio cuerpo . Aquí te dejo algunos que busque en YouTube:


    • musog Says:

      Gústanme moito as túas suxestións! A música nunca é un tostón (palabra de profe!), hai que aprender a disfrutala.
      Ollo con algunhas faltas de ortografía, anímote a que tentes atopalas e me respostes coas túas averiguacións, ánimo Esteban!

  3. Luis Fernández Maira (2ºESO B) Says:

    Que ben o fixestedes todos!
    Gústame moito o orde que levades durante todo momento e a min que xa me costa o ritmo de seis por oito :)!
    Tamén me gusta moito que se poida facer unha música tan divertida que che pode alegrar e levantar o ánimo usando cousas sinxelas como as mans e sen gastar nada (bueno, algo si, a paciencia da profe, pero iso foi sempre).
    Felicidades por un traballo tan bo e a ver cando facemos algo parecido nós!

    • musog Says:

      Alégrame que che guste, Luis, e asegúroche que ti poderías facer eso mesmo sen ningunha dificultade, tan só hai dous ingredientes necesarios: paciencia e concentración, que ti tes ben seguro.
      E a verdade é que sí, que cando se consiguen cousas con tan poucos materiais (só as mans, por exemplo) é quizais aínda máis satisfactorio.
      Un saúdo e intentaremos facer nós algo así.

  4. Gladys Enriquez Garcia (2ºB) Says:

    Vaia!Deixoume abraiada!
    É fascinante,sabía que ca música se podían facer todo tipo de ritmos, pero é que este está absolutamente xenial.
    Gústame moito a coordinación que hai entre todos e o xogo cas mans.
    A música que fan é unha das primeiras cousas que aconsellaría oir a todos e a todas.
    De verdade,noraboa por este traballo!!! 🙂

    • musog Says:

      Alégrame que che guste tanto. Co ritmo pódese xogar tanto…
      Pero ollo con algunha falta de ortografía que se che colou por aí!

  5. Mauro Catone 2ºB Says:

    Está moi ben esa música xa que todos os alumnos participan e incluso hai momentos en que se axudan uns a outros para non perder o ritmo.
    Obsérvase un bó exemplo de como unha clase ademáis de unha oportunidade de aprendizaxe pode ser participativa e divertida. Sempre é agradable ver caras coñecidas facendo cousas que gustan e que levantan o ánimo.
    A ver se esa especie de danza da choiva nos molla un pouco que boa falta fai.
    Noraboa a todas e todos.
    Avisa cando subas o noso de frauta. 🙂

    • musog Says:

      Ai, se fose verdade que tocando podiamos facer caer auga do ceo asegúroche que estaría tocando sen parar…
      Mauro, tes un par de faltas de ortografía, a ver se as atopas e me respostas coas correccións, ánimo!

  6. Laura Alonso 2ºB Says:

    Encántame este video!
    Gústame moito a coordinación que teñen todos porque é difícil ter a concentración suficiente para facelo.
    O ritmo quedou moi ben e é moi boa forma de aprender a facer o ritmo e ver os teus erros.
    Oxalá podamos facer nos na clase algo parecido! 🙂

    • musog Says:

      Sobre todo esa é unha das intencións, ver os nosos erros e aprender deles, sen máis. Graciñas, Laura!

  7. Alfonso José Chas Seijas 2º B ESO Says:

    Gústame moito a coordinación que non deixa de ser perfecta ainda que se complica cada vez máis . Recórdame ás batucadas brasileiras por a percusión divertida e moi fresca que che transmite alegría e ganas de bailar . Estos exercicios demonstran que podes facer ritmos e músicas con cousas moi simples e que tes ao teu arredor , incluído o teu corpo , só é necesaria a imaxinación. Gustaríame facer exercicios como estes na nosa clase

    • musog Says:

      Para facer estes exercicios é preciso estar moi concentrados, é un dos poucos requisitos que fan falla. Alégrame que che gustara e que che recordara a Brasil, aínda que estemos bastante lonxe diso!

  8. Alejandroázquez Calaza 3ºA Says:

    É increíble o que se pode facer tan só coas mans que cuns trozos de madeira. A verdade é que con imaxinación podemos crear un montón de cousas. Gustoume moito ademais de que pode ser algo entretido participar na melodía. Impresionoume a coordinación que teñen que supoño que será froito de ensaiar bastante tempo. Noraboa, facédelo moi ben.

    • musog Says:

      Penso que deches no clavo: imaxinación e ensaio. Non hai moitos máis segredos creo eu.
      Grazas (no seu nome) polas felicitacións, e grazas (no meu) pola mensaxe.

  9. Marcos Bourio Prieto Says:

    este artículo me parece genial, esta muy bien que los de 1º o 2º de BAC hagan ritmos con tanto entusiasmo y tanta dificultad pero yo creo que también se debería hacer en la ESO y que haga media con las canciones de flauta, exámenes teóricos, actitud en clase… También pienso que los alumnos tendrían una actitud mas positiva ya que es una cosa que divierte y muy musical. Espero que tengas en cuenta mi idea 🙂

    • musog Says:

      Pódesme crer se che digo que a nós tamén nos resultan máis amenas este tipo de clases (a quen non!). Pero tamén é certo que hai alguna que outra dificultade organizativa: por poñer só un exemplo en BAC hai catro clases semanais fronte ás dúas que temos en 2º e 3º de ESO.
      De tódolos xeitos recollo a luva que lanzas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: