Será a crise?

Ao fío do artigo “Involución musical” que tantos e tan interesantes comentarios suscitou, lembrei un vídeo que me enviou hai algún tempo un amigo (gracias Anse1000) e que parece ir en sentido contrario: se en “Involución” viamos a unha chea de xente cunha soa guitarra, neste temos unha soa guitarra que, tocada dun xeito moi peculiar, semella varios instrumentos á vez. Eu imaxinei un grupo no que o guitarrista termina por lles decir aos seus colegas: “sabedes que? iso que vós facedes ben o podo facer eu só!”. Agora ben, vendo o trato que lle da á guitarra igual gasta máis en repoñelas do que aforra coa “reducción de persoal”.

Xulgade vós mesmos:

 

Advertisements

2 Respostas to “Será a crise?”

  1. Xela 3ºD Says:

    Paréceme unha idea moi orixinal! Para que ter unha banda formada por varios participantes se podes ter todos os sons nun único instrumento máis a túa voz¿? Sobretodo se es un auténtico virtuoso!!!
    Tamén chamoume moito a atención a mezcla de soul e blues entre outros moitos estilos na melodia.
    Cómo pode un home xogar con tanta facilidade coa súa guitarra, non vos parece que este ¨Home orquestra¨ deixa aos demáis grupos á altura do betume¿?

  2. Pablo José Fernández Fernández Says:

    Incrible o que fai Jon Gomm cunha guitarra maltrecha ao mesmo tempo que canta, demostrando unha gran coordinación, pois frota as cordas nos trastes, o que sería a caixa de resonancia utilízaa para a percusión e vai modificando a tensión das cordas para así crear ditintos timbres. Tamén mezcla percusión (dá golpes na caixa de resonancia, polo que esta un poquiño magullada e desgastada) e corda, polo que parece que son varias persoas as que tocan e vendo
    En definitiva, un xenio da guitarra cunha bonita voz.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: