Excéntrico merchandising

Hai que ver o que algúns grupos musicais chegan a argallar para vender discos!

Está claro que a industria musical está a sufrir un momento difícil, todos sabemos que o mundo das descargas por internet supuxo un forte golpe para a venda de discos; sen embargo esta dura realidade vese compensada polo aumento da música en directo, cada vez se programan máis concertos e en definitiva iso é o que lle interesa ós músicos de verdade, tocar. 

Ó mesmo tempo serviu e está servindo para que os grupos agudicen o seu inxenio e poñan en funcionamento novos recursos que chamen a atención dos consumidores de música. Seguro que todos escoitastes falar da palabra “merchandising”, que se refire a calquer actividade que intenta aumentar a compra dun producto; así é que os grupos de música empregan “merchandising” para incrementar os seus ingresos, por exemplo a venda de camisetas, chapas cos logos do grupo ou edicións especiais de cds ou dvds con sorpresas musicais (bonus-tracks)…

Quería contarvos unha das maniobras comerciais dun grupo de rock oriundo de Oklahoma chamado The Flaming Lips (aquí a súa web) que para promocionarse decidiron vender unha caveira (calavera) comestible dentro da cal introduciron un USB con catro temas inéditos! A edición desta “golosina” era limitada pero polo visto esta rareza comercial tivo bastante éxito.

Si, si, esta é a  apetitosa  caveira en cuestión…

Coñecedes algunha argallada promocional similar ou digna de ser mencionada? Por favor, contádenola.

Aquí vos deixo unha foto destes orixinais artistas.

Advertisements

3 Respostas to “Excéntrico merchandising”

  1. Ignacio Ozores Mosquera Says:

    Hola Belén!

    Aunque no es exactamente una promoción como la de la calavera, me acordé de esto y me apetecía contarlo:

    El grupo Manic Bloom, empezó a aumentar su número de seguidores debido a que unos chicos de américa, dude perfect, que tienen vídeos en youtube haciendo unas cosas peculiares, en muchos de estos vídeos pusieron canciones de Manic Bloom y así dieron a conocer más a la banda y aumentó mucho su fama

    Aquí te dejo un vídeo:

    Si te gusta y puedes, mirar más videos de estos, están muy bien son increíbles, y no están trucados, y si puedes escucha alguna canción más del grupo, como A Thousand Angels, Never Back Down o Running From he Scene, a mi me gustan!

    Aquí te dejo una canción:

    • musog Says:

      Este tipo de promocións musicais funcionan moitas veces: a música dun grupo é escollida para acompañar unhas imaxes e sen querelo consigue facerse tan coñecida ou máis que aquelo que a música pretendía destacar.
      Pero ás veces ocorre ó revés, a publicidade emprega unha música que busca promoción pero o que consigue é o efecto contrario, que acabemos dela bastante fartos por escoitala ata a saciedade. Algo así lle pasou hai un par de anos (creo) ó grupo vasco Zodiacs, autores da canción que Fanta empregou para a campaña “Con poco me lo monto”; ó parecer buscaban que fose un éxito trala emisión destes anuncios e sen embargo o público acabou un pouco cansado do soniquete en cuestión, recórdalo?

      Este era o anuncio:

  2. Ignacio Ozores Mosquera Says:

    sii, es verdad que en ocasiones algunas canciones de estas, que de tanto escucharlas se suelen hacer pesadas, pero la mayoría alcanzan fama

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: