Ruído e Neurociencia

Hoxe é o Día Mundial contra o Ruído. Cada día temos que soportar multitude de ruídos ó noso arredor que fan a nosa existencia bastante máis incómoda do que podería en realidade ser, por non falar do que repercuten na nosa saúde : cando imos a unha cafetería a charlar atopámonos co televisor a todo volume facendo que un momento agradable se convirta nunha dor de cabeza; parece que as rúas non poidan existir sen o ruído dos coches, camións e máquinas… en fin, cantas situacións máis se nos poden ocorrer. España é un dos países máis ruidosos do mundo e penso que non é motivo de orgullo, verdade? Así que por que non reflexionar sobre o tema? Animádevos a enviar algunha opinión e compartila con nós.

Máis cousas. Onte no programa de Radio 3 “Carne Cruda” estivo como invitado Robert Zatorre, investigador do Instituto Neurolóxico de Montreal, adicado a estudar a relación entre música e cerebro; é un dos maiores expertos en percepción musical e precisamente estuda isto, como o cerebro procesa a música. Foi unha interesantísima entrevista que vos recomendamos escoitedes no seguinte enlace.

Xa o sabedes, “o cerebro canta”!

 

Advertisements

4 Respostas to “Ruído e Neurociencia”

  1. Cristina García Fontao Says:

    Ruído eso de verdad existe? Quizás se debería considerar música todo cuanto podemos escuchar aunque tenga diversas formas y colores, a veces disonancias o estruendos que no sean tan agradables como otros matices, o simplemente podemos hacer musica con silencio. Son muchas las formas de hacer música y no por ello menos importantes aunque como es de esperar solo se conocen las mayorías. Una de las obras más singulares que conozco es el poema sinfónico para 100 metrónomos. Fue una obra en la que participe y realmente aunque parezca una tontería no es nada fácil disponer todo y se necesitan varias personas para ejecutar esta pieza. Os animo a que la escucheis!!!!!

    • musog Says:

      Ola Cris!
      Efectivamente o que máis se soe escoitar é o que move ás grandes masas, non? Pero a arte é a expresión de algo, sexa como sexa dita expresión, en silencio, con ruído…
      Anímote a que atopes algún vídeo onde poder ver e escoitar esa peza e a que a nola mostres.
      Moitas gracias polo comentario.

  2. Cristina García Fontao Says:

    Esta es el enlace más decente que encontré y aunque no se aprecie muy bien cada metrónomo marca una velocidad y no todos tienen la misma cuerda por lo que se van parando progresivamente. El audio no es muy bueno pero al final es cuando mejor se escuchan los diferentes ritmos.

    • musog Says:

      Agora sí, xa o atopei.
      Moitas gracias pola suxestión, paréceme interesantísima este tipo de aportacións vosas. Un día podías explicala en clase, sería xenial!
      Un saúdo,
      Belén.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: