Día Internacional do JAZZ

Hoxe estamos a celebrar o primeiro “Día Internacional do Jazz”.
Ben sei que isto dos “días internacionais” pode soar xa un pouco chusco, porque de cando en vez sorpréndennos conmemorando cousas do máis insospeitado.
Sen embargo resulta interesante ler o que a UNESCO pretende con esta xornada: “sensibilizar ao público xeral sobre as virtudes do jazz como ferramenta educativa e como motor para a paz, a unidade, o diálogo e o reforzo da cooperación entre pobos”. Di tamén que se trata de fomentar a idea de que o jazz non é só un estilo de música (que xa non é pouco)  senón tamén un elemento que “contribúe á construcción de sociedades máis inclusivas”.

Poden parecer só fermosas palabras, mais se investigamos un pouco sobre a orixe deste estilo musical veremos que conceptos como integración, inclusión ou cooperación non lle son en absoluto alleos.

Se queredes saber algo máis sobre esta xornada podedes consultalo nesta ligazón.

E se queredes celebralo un pouco máis escoitade un pouco de jazz hoxe. Non vos será difícil atopalo. Como mostra un pequeno botón.

E xa sabedes: escoitade jazz hoxe, e non esquezades tomar pequenas doses de recordo ao longo de todo o ano.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: