Directores en perigo?

Atopamos no estupendo blogue da Orquestra de Frautas de Galicia (OFG) un simpático vídeo que nos presenta un avance sen parangón na historia da música sinfónica: o “Ciber-director“.
Obviamente non deixa de ser unha montaxe xocosa na que un director de orquestra é substituído por unha máquina que podemos manexar cun mando a distancia. As posibilidades que nos ofrece ademáis son abraiantes: reproducir, parar, pausa, reproducción rápida; cambiar de velocidade, de intensidade, de tonalidade; modos predefinidos (director inseguro, director tiránico…). En fin, toda unha novidade e un auténtico perigo para a subsistencia dos directores de orquestra “tradicionais”.


 
Realmente na base deste vídeo está unha pregunta que moitos se fan: “para que serve realmente un director de orquestra?”. “Ten unha utilidade real ou basta con que alguén se poña diante dos músicos e comece a mover os brazos arriba e abaixo?”.
Obviamente o papel do director é fundamental, xa que el é o verdadeiro intérprete da partitura.
Pero… estaremos realmente tan lonxe dese “Ciber-director”? Eu cría que si, pero pouco despois de ler a nova á que fago referencia nesta entrada atopei esta outra… E nesta xa non se trata dunha montaxe:

Por favor sacádeme de dúbidas: Veremos en breve robots con esmoquin dirixindo orquestas sinfónicas? Son os directores de orquestra de carne e óso unha especie ameazada?
Agardo ansioso as vosas respostas…

Advertisements

Unha resposta to “Directores en perigo?”

  1. Aby Veiga Says:

    Personalmente pienso que los robots no podrán hacer el papel de director de una orquesta especialmente porque no son capaces de expresar sentimientos, emociones.Un director está metido en la orquesta , es una parte importante y cuando dirige se encarga de expresar perfectamente los sentimientos, lo que la música tiene que transmitir y por muy avanzadas que estén las tecnologías dudo que un robot pueda hacer el trabajo de un director por esa razón principal, esta bien que pueda mover los brazos tan rápidos como quiera o que sea capaz de dirigir pero, es un robot, y como consecuencia va a tener fallos nada es perfecto ni nosotros y un robot menos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: