Un exemplo de VALENTÍA: Malala Yousafzai

Hai uns días o mundo quedaba consternado ó escoitar a historia de Malala Yousafzai, unha nena de 14 anos paquistaní que foi tiroteada polos talibáns recibindo varios tiros na cabeza. E por que? Pois porque defendía o dereito das nenas e mulleres do seu país a recibir unha educación igual que a dos nenos e homes.

Malala Yousafzai

Cando no 2009 o goberno talibán se fixo co poder e o control na súa comarca, o val do Swat,  este ordenou pechar as escolas de mulleres e foi entón cando Malala decidiu comezar un blogue no que relataba o seu día a día e ó mesmo tempo defendía o dereito á escolarización das mulleres. Isto ocorría cando ela tiña 11 anos. Resulta incrible pensar que unha nena de 11 anos poida convertirse nun obxectivo a eliminar ou unha ameaza para calquera, nonsi? Pero así son as cousas en moitos lugares deste planeta, un completo sensentido.

Ó parecer Malala está tendo sorte e despois das graves feridas que sufriu a súa recuperación vai ser posible. Mais a covardía talibana non quedou aí xa que se encargaron de avisar que a vida de Malala todavía está en perigo. Que dura é a vida para algúns, verdade? Non podemos permitirnos mirar para outro lado, facer que non vemos porque  poderíamos ser nós, que marcou a diferencia?

 Esta canción de Javier Batanero naceu para ela.

http://www.ivoox.com/cancion-javier-batanero-malala-su_mn_1494328_1.mp3″ Ir a descargar

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: