ConCierto Sentido Público

Neste mesmo instante está tendo lugar un evento social e cultural sen precedentes: un concerto de 12 horas para defender a perdurabilidade dos medios de comunicación pública e concretamente a de TeleMadrid. A televisión é un medio de comunicación que pode atender á diversidade e sobre todo a moitísimos colectivos sociais que non teñen cabida en ningún outro medio de comunicación que non sexan os públicos; os recortes están levando a unha precarización que incide na perda de calidade da información, e sen o xogo limpo dos medios de comunicación é imposible vivir nunha sociedade democrática real. Se os cidadáns  non están ben informados tódolos seus dereitos fundamentais tamén corren perigo. A democracia sen unha radio e televisión de todos non é unha democracia.

“ConCierto Sentido Público” é un concerto apoiado por multitude de plataformas sociais e culturais ademais de personalidades de ámbitos moi diferentes pero todos eles en solidariedade mutua para loitar contra un sistema político que atenta contra os nosos dereitos máis básicos e non contra os intereses duns poucos, que son os que nos levan á situación na que hoxe estamos. Estanse a bloquear as iniciativas sociais en favor dos intereses comerciais de empresas e persoas que velarán polo seu continuo beneficio a costa de quitarnos o que é noso.

Neste artigo podedes enterarvos un pouco máis do que é esta iniciativa e quen participa dela. E aquí está a páxina da Plataforma en Defensa da RadioTelevisión Pública.

Este é o programa do concerto.

Se queredes ver e escoitar este concerto en streaming e de paso así apoiar a loita por un mundo máis xusto e mellor acude a esta direcciónNun momento coma o que estamos vivindo hai que estar de lado dos máis débiles, non se pode estar noutro lado. E dende logo hai que dála cara para  evitar perder a pouca dignidade que nos queda.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: