Non quitedes a ARTE da EDUCACIÓN.

Así di a canción creada polo colectivo MASARTÍSTICAS na súa loita por defender as ensinanzas artísticas do perigo que corren coa posible futura Lei de Educación. Un vídeo moi ilustrativo, dende logo. Ó mellor podemos probar a cantala algún dos nosos Venres Reivindicativos, non?

María Jesús Camino Rentería, a autora de varios blogues educativos a quen xa temos citado aquí e que nos surte de centos de recursos para as nosas clases, presentou este xenial slide sobre as cousas que podemos aprender na clase de música. Señor Wert, por que non lle bota un ollo?

E se con estas dúas preciosidades non consigo convencer a ninguén entón si que me retiro: ¿Música para que? e ¿Música para quen? 


Por se acaso, un último intento: un fermoso vídeo feito por un profe de música (me imaxino), José Luis Salas.

4 Respostas to “Non quitedes a ARTE da EDUCACIÓN.”

  1. Celtia Domínguez Fernández Says:

    Estou totalmente de acordo, a arte non debe desaparecer da educación xa que é un elemento importantísimo que axuda a desenvolver moitas capacidades básicas. E paréceme aínda máis importante facerse oír e movilizarse polo que nos importa porque se nós non defendemos os nosos intereses naide o vai facer no noso lugar.
    Ademáis non só estou a favor de que se defendan as modalidades de bacharelato artístico, o que me parece esencial para as persoas que queren dedicar a súa vida a algún tipo de actividade artística, se non tamén as materias artísticas en primaria e secundaria que conseguen que moitos nenos e nenas aprecien e se interesen por cousas como a música, a pintura, o cine e outras formas de arte.

    • musog Says:

      Tan importante para desenvolver a sensibilidade, algo fundamental para que o mundo poida seguir existindo.
      Graciñas Celtia!

  2. Carmen Soto Says:

    Los dos primeros vídeos están llenos de originalidad, además de razón. Es increíble que haya tantísimos símbolos y mensajes escondidos en el lenguaje musical, en los instrumentos y demás elementos relacionados con la música. Pero aún es más sorprendente pensar que dentro de la música nos podemos encontrar con otros infinitos mensajes que ni siquiera podemos expresar.
    Con el último vídeo, por supuesto que estoy totalmente de acuerdo: La música y las artes son imprescindibles en la educación. Más aún hoy en día que vivimos en un mundo rebosante de conocimiento y profesionalidad por todas partes, es necesario poner un punto menos teórico y cuadriculado en nuestras vidas, que nos enseñe a ver, a pensar y a sentir. Muchas veces las grandes diferencias no están en quien sabe más y quien tiene un mejor expediente, sino en quien tiene más criterio y sensibilidad.

Deixar un comentario